Numeracion Curtis logos

Traballando xuntos por un futuro medioambiental mellor

A través do FEDER e dos fondos estruturais da Unión Europea que xestiona a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, se está a promover desde as Administracións o crecemento sustentable dos municipios e, con este fin, apóiase a elaboración de estratexias de sustentabilidade ambiental buscando a integración e a adaptación ao cambio climático na xestión pública.

No marco deste compromiso, desde o Concello de Curtis estamos a traballar na elaboración, deseño e execución de proxectos e plans na procura dun municipio sustentable, sostible e respectuoso co medio ambiente, que avance na mitigación do cambio climático e que reduza as emisións GEI.

As nosas principais liñas de actuación son:

  • Neutralizar as consecuencias do Cambio Climático a través de actuacións enfocadas á prevención.
  • Mellorar a Eficiencia Enerxética nas edificacións, nas infraestruturas e nos servizos públicos.
  • Aumentar o uso das Enerxías Renovables nas edificacións e estruturas públicas.
  • Fomentar a Mobilidade Urbana Sustentable a través da mellora da rede viaria, carrís bici e peonís, así como da conexión urbana- rural.

Conscientes da importancia deste reto e da necesidade de contar coa implicación da cidadanía para configurar e construír entre todos o territorio sustentable que queremos, o Goberno local activou varias canles para recibir opinións e suxestións:

-Foros de Participación Cidadá, que se desenvolverán os seguintes días:

  • Curtis: xoves, día 20 de outubro, no Salón Multiusos da Nave da Feira.
         - Horario: 17.00 y 20.30 horas
  • Teixeiro: luns, día 24 de outubro, no Centro Etnográfico.
         - Horario: 17.00 y 20.30 horas

- Buzón de suxerencias (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.), onde se poderán enviar achegas sobre as melloras que se poderían facer nestes ámbitos e que beneficien ao concello. O prazo para o envío de propostas pecharase o día 1 de novembro deste ano.

- Cuestionario,
para que a cidadanía valore as prioridades de mellora que se identificaron no concello.

Cobre a enquisa 

ANÍMATE E PARTICIPA NO NOSO CURTIS DO FUTURO

Proxecto cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.