Numeracion Curtis logos

Curtis celebrará unha gala interxeracional de baile moderno este sábado para despedir o curso

baileO Concello de Curtis organizará este sábado unha Gala Interxeracional de Baile Moderno como festa de fin de curso desta actividade. A actuación celebrarase este sábado, día 17, ás 17.30 horas, no Edificio de Usos Múltiples de Curtis. A entrada será libre.

Na gala participarán tanto os nenos e nenas dos cursos de baile de Curtis e Teixeiro como os maiores de Curtis, a quen, ademais, acompañará un grupo de adultos de Arteixo, quen quixeron colaborar e sumarse á celebración co fin de animar a máis persoas a participar nesta actividade na vindeira tempada.

Esta actuación será unha boa ocasión para ver como traballan os grupos de baile moderno e a súa profesora e que se animen a apuntarse nas novas clases que comezarán en setembro.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.