banner web pre narr xIII

A inscrición nas actividades deportivas e talleres municipais, aberta ata o 22 de setembro

CARTELES ACTIVIDADES CONCELLO DE CURTIS 2017 2018 jpgO Concello de Curtis abre ata o próximo día 22 de setembro o prazo de inscrición nas actividades deportivas e talleres continuos que se desenvolverán ata o verán de 2018 nas instalacións municipais de Curtis e Teixeiro.

O programa incluirá, para os máis novos e a través das Escolas Deportivas Municipais, fútbol e fútbol sala, patinaxe, ximnasia artística, baile e manualidades. Os adultos poderán participar nas clases de baile, de mantemento integral e de pilates-streching, así como en manualidades e obradoiros de memoria e de prevención da demencia.

As actividades, que se porán en marcha se se inscriben un mínimo de 15 alumnos, comezarán o 2 de outubro, menos o fútbol e fútbol sala, que se iniciaron este mes.

O programa incluirá, como actividades de carácter gratuíto, clases de informática e de inglés para adultos e para nenos. Ademais, tamén de maneira gratuíta, porase en marcha o programa Educando en Familia, destinado a nenos e nenas de 0 a 3 anos acompañados polos seus pais, que centra as súas actividades no desenvolvemento mental, psicomotor, afectivo e sensorial dos pequenos, así como na atención aos seus pais.

  •  Programa completo e información sobre as actividades: pdf

 

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.