banner nadal 17

O prazo de inscrición nos Campamentos de Nadal en Curtis e Teixeiro estará aberto do 11 ao 22 de decembro

  • As actividades, que se desenvolverán do 26 de decembro ao 5 de xaneiro para facilitar a conciliación familiar, organizaranse en Curtis e Teixeiro.

campamentos nadal 2017O Concello de Curtis abrirá do día 11 ao 22 deste mes o prazo de inscrición para os Campamentos Urbanos de Nadal en Curtis e Teixeiro, que se organizarán do 26 de decembro de 2017 ao 5 de xaneiro de 2018 co fin de apoiar á conciliación familiar.

Os horarios serán de 9.30 horas a 14.30 horas en Teixeiro, onde se desenvolverá no CEIP; e de 9.00 horas a 14.00 horas en Curtis, no Centro de Lecer Infantil.

O formato será similar aos campamentos de verán e o programa inclúe, entre outras actividades xogos, manualidades, deportes e mímica.

O prezo estableceuse en 25 euros o primeiro fillo, e de 15 euros a partir do segundo. O número de prazas será de medio centenar de nenos e nenas en Curtis e medio centenar en Teixeiro. A idade mínima para participar será a dos nados en 2013.

  • Para inscribirse haberá que entregar cuberta esta ficha por neno: pdf

 

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.