Banner XIX exaltacion dos cogomelos 2018

O Entroido de Curtis e Teixeiro suma á festa e ao concurso de disfraces unha ruta de tapas e obradoiros infantís de cociña

entroidoO Concello de Curtis amplía este ano as actividades programadas para a celebración do Entroido para potenciar a parte gastronómica desta celebración de maneira que, á xa tradicional festa e concurso de disfraces que se organizará o día grande, 13 de febreiro, festivo local, se sumará unha xornada de tapas o domingo, 11, e obradoiros de cociña infantil o luns, día 12.

Este é o programa:

11 de febreiro, domingo
DESTAPATE! Ruta dos Sabores do Entroido en Curtis e Teixeiro

Os bares e restaurantes de ambas as localidades ofrecerán tapas e bocados elaborados con produtos típicos de entroido.

Coñece a ruta e a súa oferta gastronómica: 

  • Ruta Curtis: pdf
  • Ruta Teixeiro:  pdf

12 de febreiro, luns
Obradoiros de Cociña Infantil
- Horario: 11.00 horas a 13.00 horas.
- Lugares:

  • Edificio Multiusos de Curtis (25 prazas).
  • Edificio Usos Múltiples de Teixeiro (25 prazas).

*Prazas cubertas orde de inscrición.

  • Inscricións: Casa do Concello, 981 789 003 /  Oficina Municipal, 981 777 105

13 de febreiro, martes
Festa e concurso de disfraces
- Horario: a partir das 17.00 horas.
- Lugares:

  • Edificio Multiusos de Curtis
  • Pavillón de Teixeiro

BASES DO CONCURSO DE DISFRACES
'ENTROIDO 2018 DO CONCELLO DE CURTIS'

1.- O concurso celebrarase o vindeiro 13 de febreiro de 2018 nas festas de entroido programadas polo Concello en Curtis e en Teixeiro.

2.- Os participantes deben inscribirse ata o día 13 de febreiro de 2018 nas dependencias municipais para poder participar no concurso.

  • Inscricións: Casa do Concello, 981 789 003 /  Oficina Municipal, 981 777 105

3.- Para inscribirse será necesario aportar nome, apelidos, idade e categoría na que se presentan.

4.-O xurado estará composto por varios membros alleos ao Concello.

5.-Establécense as seguintes categorías (tanto en Curtis como en Teixeiro):

CONCURSO INFANTIL (ATA 16 ANOS):

  • 1º premio individual ou grupo: vale de compra de 150€
  • 2º premio individual ou grupo: vale de compra de 100€
  • 3º premio individual ou grupo: vale de compra de 50€

CONCURSO MAIORES:

  • 1º premio individual ou grupo: vale de compra de 300€
  • 2º premio individual ou grupo: vale de compra de 200€
  • 3º premio individual ou grupo: vale de compra de 100€

6.- A clasificación para optar aos premio será por idade, quedando establecido o concurso en dúas categorías a infantil para cando se presenten de xeito individual ou colectivo menores de 16 anos e de adultos no resto dos casos. Se hai un integrante do grupo que teña 16 anos ou máis, o grupo participante pasará a formar parte da categoría de adultos aínda que a maioría do grupo sexa infantil.

7.- En calquera das categorías o premio poderá quedar deserto se o xurado o considera oportuno.

8.- Os premios deberán gastarse nos establecementos do Concello (comercio e hostalería).

9.- Os gañadores deberán porse en contacto co Concello antes de gastar os vales para saber se o establecemento colabora neste programa.

10.-Os persoas que non cumplan as presentes bases quedarán fóra de concurso.

11.- O Concello de Curtis reservase o dereito de darlle publicidade a este concurso a través dos medios que considere oportunos.

12.- A presentación a dito concurso supón a aceptación destas bases.

 

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.