banner web pre narr xIII

Sesión de risoterapia do CIM de Curtis encamiñada a aproveitar os beneficios fisiológicos e anímicos da risa

  • Celebrarase mañá no local social da Asociación de Mulleres de Teixeiro.

risoterapiaO CIM de Curtis organizará mañá, día 21, un taller de risoterapia coa colaboración da Asociación de Mulleres de Teixeiro no local social do colectivo, ás 16.30 horas, no que se desenvolverán dinámicas divertidas encamiñadas a mellorar os estados de ánimo e de saúde, aproveitando tamén os beneficios fisiológicos da risa.

Desde o Centro de Información ás Mulleres lémbrase que cando unha persoa se ri a gargalladas actívanse entre 100 e 400 músculos e que a risa mobiliza a columna vertebral, o que axuda a aliviar a tensión e as dores de costas, mellora a tensión arterial e achega máis osíxeno, ademais de segregar hormonas da felicidade: serotonina, dopamina, adrenalina e endorfinas, que producen unha sensación física de benestar global.

A sesión englobará unha serie de dinámicas vivenciais nas que se combinarán movemento, xogos e técnicas procedentes da meditación activa, as dinámicas de grupo e o baile libre.

Ao taller, que se lle ofreceu a todas as asociacións de mulleres do municipio, poden ir as persoas que o desexen.

Taller de primeiros auxilios na Escola Infantil

O CIM de Curtis impartirá mañá e pasado un curso de primeiros auxilios na Escola Infantil A Galiña Azul de Curtis, dirixido a pais, nais e profesores para aprender a previr e a como actuar ante situacións de risco dos máis pequenos. O curso será ás 18.00 horas, e tamén estará aberto a todos os interesados.

 

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.