Banner XIX exaltacion dos cogomelos 2018

Os campamento de verán 2018 do Concello de Curtis serán temáticos e potenciarán a igualdade desde a infancia

CAMPAMENTOS URBANOS CONCELLO DE CURTIS 2018

CARTELOs Campamentos Urbanos organizados polo Concello de Curtis para facilitar a conciliación familiar este verán desenvolveranse desde o 25 de xuño ata o 17 de agosto e serán, un ano máis, de carácter temático en función das quendas elixidas. Nesta edición, ademais, as actividades se desenvolverán cunha perspectiva de xénero para fomentar a igualdade desde a infancia.

Estas son as temáticas:

  • 25 xuño ao 6 de xullo: Stars War
  • 9 ao 20 de xullo: temática Circo
  • 23 de xullo ao 3 de agosto: Disney
  • 6 ao 17 de agosto: Roma

Os campamentos organizaranse de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas, excepto os festivos, nas instalacións do CEIP de Teixeiro e no Centro de Lecer Infantil de Curtis.

Para poder participar neles, a idade mínima é a dos nenos e nenas nados en 2014. As actividades incluídas serán atletismo, fútbol, fútbol sala, balonmán, voleibol, padel, bádminton e deportes acuáticos, así como xogos de mesa e de expresión, talleres, manualidades, disfraces e excursións.

A inscrición deberá realizarse ata o 20 de xuño (este día incluído) ben na Casa do Concello de Teixeiro ou nas oficinas municipais de Curtis. O obxectivo desta inscricion é coñecer o número de participantes, pero no caso de non ter claras as datas nas que participar agora se poderán anotar noutras quendas de xullo e agosto. É dicir, en cada quincena darase un prazo para inscribirse na quenda seguinte.

  • Folleto dos campamentos e ficha inscrición: pdf

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.