Banner XIV premio de narracion curta concello de curtis

O Día da Bici celebrarase o domingo, 12 de agosto

Bici 18O popular Día da Bici, que organiza a área de Deportes do Concello de Curtis celebrarase o domingo 12 de agosto, e o prazo para inscribirse está aberto ata o día 9 deste mes. A actividade está pensada para fomentar hábitos de vida saudable e para incentivar a participación de todos os veciños, sen límite de idade.

A marcha sairá desde a Casa Consistorial en Teixeiro e desde o pavillón municipal de Curtis, en ambos os casos ás 10.30 horas, e o punto de encontro final será San Roque de Xabriño, onde se entregarán trofeos ao participante máis novo, ao máis veterano, ao grupo ciclista máis numeroso e á bicicleta máis orixinal.

Como en anos anteriores, sortearase unha bicicleta de montaña. Para poder optar a ela, do mesmo xeito que aos trofeos, é necesario estar inscrito. Será obrigatorio levar casco.

  • Lugar de inscrición: Casa do Concello, en Teixeiro, e nas oficinas municipais no Recinto Feiral de Curtis.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.