Numeracion Curtis logos

Publicación da designación a Antonio Fraga dunha dedicación exclusiva

a.fragaPublicación da designación do concelleiro Antonio Fraga como cargo con dedicación exclusiva na Corporación Municipal.

A nova dedicación exclusiva créase debido á carga de traballo que suporán, entre outros temas, a presentación de ambiciosos proxectos a fondos europeos, a posta en marcha de novos servizos en solo empresarial e a potenciación do Polígono Industrial de Teixeiro, a elaboración e coordinación dos novos plans de mobilidade así como da estratexia ambiental e as relacionadas coa estratexia de promoción e prevención de saúde, as modificacións da PXOM, a elaboración do inventario municipal, a xestión do convenio de vivendas baleiras e a coordinación de todo a área de participación cidadá, á que se lle dará un novo impulso.

A dedicación asúmea o actual primeiro alcalde, Antonio Fraga, que estaba a levar nas últimas lexislaturas os temas relacionados co Medio Ambiente e Promocón Economía e Industrial.
O salario desta dedicación non suporá ningunha carga para as contas municipais cando termine a lexislatura.

  • Dación de conta. Acordo na sesión plenaria do día 3 de febreiro 2017 pdf

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.