banner web pre narr xIII

Aberta a 1ª fase de presentación de solicitudes do Programa de Turismo do Imserso 2017-2018

imserso 2Aberta a 1ª fase de presentación de solicitudes do Programa de Turismo do Imserso 2017-2018: do 9 de maio ao 7 de xuño de 2017.

Solicitantes:

Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:

  • Ser pensionista de xubilación do Sistema Público español de Pensións.
  • Ser pensionista de viuvez e ter 55 anos cumpridos.
  • Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos.
  • Ser titular ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social, con 65 anos cumpridos.

Deberán valerse por si mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.

Poderán participar o cónxuxe ou parella de feito sen necesidade de que éstos reúnan os requisitos de idade ou pensión.

Admitirase como acompañante a un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao igual ou superior ao 45%, sempre que a viaxe a realice cos seus pais e ocupe cama supletoria na mesma habitación do hotel. Deberá cumprimentarse o apartado correspondente da solicitude cos datos do fillo/a e achegar fotocopia do certificado de discapacidade.

Modalidades:

Ofértanse distintas modalidades para que os maiores poidan gozar dunhas vacacións no período comprendido entre os meses de outubro de 2017 e xuño de 2018, segundo a modalidade:

- Zona Costeira Peninsular: Andalucía, Catalunya, Comunitat Valenciana e Murcia.
- Zona Costeira Insular: Canarias e Illes Balears.
- Turismo de Interior, coas seguentes actividades:

  • Circuitos Culturais.
  • Turismo de Natureza.
  • Viaxes a Capitais de Provincia.
  • Viaxes ás cidades Autónomas de Ceuta e Melilla.

Servizos incluídos:

  • Viaxe ida e volta desde a súa capital de provincia ata o hotel de destino e regreso, agás para a modalidade de viaxes sen transporte e viaxes a capitais de provincia.
  • Aloxamento en réxime de pensión completa en habitación dobre a compartir en hoteis seleccionados polo IMSERSO. Contémplase o aloxamento en habitación individual, que terá un suplemento no prezo e estará suxeito a dispoñibilidade de prazas.
  • Servizo médico, complementario ao da Seguridade Social, no propio hotel.
  • Programa de animación.
  • Póliza colectiva de seguros.

Nas viaxes Culturais e Turismo de Natureza, dadas as súas especiais características non se inclúen os servizos médicos e programa de animación.

As viaxes a capitais de provincia serán en réxime de media pensión e sen transporte.

Prezos por persoa das diferentes quendas:

A previsión de prezos para a tempada 2017/2018 é a seguinte:

imserso

  • Estes prezos inclúen o aloxamento en pensión completa e en cuarto dobre a compartir.
    No caso de aloxamento en cuarto individual estes prezos teñen un incremento de 15 € por noite para os destinos de Península e Baleares, 17 € por noite para Canarias e 19 € para Turismo Interior.
  • As quendas de Nadal e Fin de ano teñen un suplemento de 21 €

Temporada baixa: As quendas que se inicien dentro dos días do 1 ao 17 de decembro e do 1 ao 31 de xaneiro

Temporada alta: Quendas que se inicien en datas distintas ás anteriores.

Viaxes Culturais: Consisten na realización de roteiros turístico-culturais en réxime de pensión completa, con servizos permanentes de guía especializado. Os circuítos desenvolveranse en zonas de marcado interese cultural do interior da península e cornixa cantábrica.

Turismo de natureza: Realizaranse en quendas en zonas de espazos naturais que permitan actividades recreativas e contemplativas, así como realizar un turismo activo de esforzo moderado. Cada provincia de orixe contará cun destino en Turismo de Natureza.

Solicitude de praza:

Se a pasada tempada persoa solicitante estaba acreditada para viaxar, non é necesario que cumprimente nova solicitude, xa que o Imserso dispón de todos os seus datos.

Se accede por primeira vez ao Programa de Vacacións ou renova a súa participación tras un período inactivo, deberá formalizar a solicitude.

Recoméndase realizar a solicitude "en liña" xa que o proceso é moito máis rápido e permite estar acreditado case de maneira inmediata.

A solicitude servirá para obter a sua acreditación que lle permitirá acceder ás prazas do Programa e incluílo na Base de Datos de Acreditados onde permanecerá de maneira permanente ata que comunique o contrario ao IMSERSO.

Unha vez procesadas todas as solicitudes recibidas no prazo sinalado, o Imserso acreditará a tantos usuarios como prazas dispoñibles existan, e procederase, en caso necesario, a aplicar a baremación correspondente, relativa a idade, ingresos e viaxes realizadas con anterioridade.

  • No mes de setembro de 2017 todas as persoas solicitantes recibirán unha notificación na que se lles indicará:
  • Data na que poden obter os billetes, con garantía de praza, debendo elixir a súa viaxe dentro das dispoñibilidades existentes.

Para aqueles que unha vez baremados non teñan garantía de praza, notificaráselles a data a partir da cal poderán dirixirse á Axencia de Viaxes por se houbese vacantes para calquera dos destinos ou datas.

Documentación:

Suprímese a esixencia de achegar a fotocopia do DNI xunto coa solicitude, con independencia que o mesmo será exixible no momento da reserva das viaxes e ao comezo dos mesmos.

Elixirase un destino como máximo por cada unha das opcións (A e B) marcando con un 1 a opción desexada en primeiro lugar e con un 2 a segunda.

Non é necesario que a filla ou fillo con discapacidade formule solicitude independente, chegará con cumprimentar o apartado correspondente na dos seus pais.

Só é posible a unión de solicitudes entre solicitantes dunha mesma provincia de orixe, debendo ter en conta nestes casos que os destinos elixidos e a orde de prioridade deben ser exactamente iguais en ambas as solicitudes.

No caso de que o número de solicitantes sexa superior ao número de prazas do Programa o IMSERSO aplicará uns criterios de selección, tendo en conta as seguintes condicións:

  • Idade da/do solicitante (no caso de matrimonio aplicarase a media)
  • Contía da pensión.
  • Ter viaxado en tempadas anteriores.
  • Condición de familia numerosa.

Lugar de presentación:

A través da Sede Electrónica do Imserso

Servizos Sociais CONCELLO DE CURTIS

Prazo de presentación:

Ata o 7 de xuño de 2017.

Concluida esta primera fase, o plazo de presentación de solicitudes manterase aberto a partir do 8 de xuño de 2017, rematando o luns 26 de febreiro de 2018, para cubrir as posibles vacantes que se puidesen producir.

 

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.