Numeracion Curtis logos

Subvencións para a renovación de fachadas e cubertas en vivendas

Normas comúns

Beneficiarios

Os particulares ou as comunidades de propietarios, para actuacións subvencionables que se realicen en vivendas illadas ou edificios de vivenda colectiva e nas súas edificacións anexas da súa titularidade, sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Documentación complementaria

Xunto coa solicitude correspondente de calquera das subvencións deberase presentar copia dixitalizada, ou ben orixinal ou copia compulsada se se opta por presentar a solicitude en soporte papel, da seguinte documentación:

A. Documentación xenérica:

a) DNI ou NIE do solicitante, no caso de non autorizar a consulta dos seus datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade

b) No caso de que o solicitante sexa unha comunidade de propietarios, achegarase ademais:

  Copia do NIF da comunidade de propietarios, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
  Copia da acta da xunta de propietarios onde conste o nomeamento do presidente ou certificado do secretario.
  Copia da acta da xunta de propietarios aprobatoria da rehabilitación da fachada ou certificado do secretario.
  Copia da acta da xunta de propietarios aprobatoria da solicitude da subvención ou certificado do secretario.

c) Acreditación da titularidade do edificio ou vivenda mediante certificación do Rexistro da Propiedade, escritura pública de obra nova, escritura pública de compravenda, escritura pública de aceptación ou partición da herdanza, escritura pública de doazón e aceptación, ou sentenza xudicial, segundo corresponda. Non se admitirán como acreditación da titularidade recibos do Imposto de Bens Inmobles ou certificacións do Catastro Inmobiliario.

B. Documentación técnico-económica que deberá incluír o seguinte:

a. Memoria explicativa (anexo III).
b. Cadro de gastos para os que solicita a subvención (anexo IV), acompañado dos orzamentos ou facturas pro forma.
c. Reportaxe fotográfica antes da rehabilitación que inclúa imaxes do conxunto da vivenda e concretamente das fachadas a rehabilitar.
d. Proxecto técnico visado polo órgano competente no caso de ser preceptivo.
e. Cando resulte de aplicación, segundo o indicado no punto 2 do artigo terceiro das bases, copia das tres ofertas solicitadas e en caso de non se optar pola máis vantaxosa, memoria xustificativa da diferente elección. No caso de non presentar as ofertas por concorrer algunha das circunstancias indicadas na citada base, deberá indicar o motivo.

Prazo de presentación

Rematará o 09 de outubro de 2017 (incluído)

Información do procedemento

a. http://economiaeindustria.xunta.es
b. Teléfonos: 981 95 70 92 ou 981 95 72 5
c. Enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Subvencións para renovación de fachadas e cubertas de lousa

Normativa

ORDE do 19 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de fachadas e cubertas de lousa, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento IN314A). (DOG nº 128 do 06 de xullo de 2017)

Obxecto

Fomentar a renovación de fachadas e cubertas con lousa acadando melloras significativas na demanda enerxética dos edificios cos conseguintes aforros en termos económicos.

Actuacións e gastos subvencionables

A renovación de fachadas e cubertas existentes de vivendas ou edificios de vivenda colectiva, así como nas súas edificacións anexas, por unha fachada ou cuberta de lousa. Non se admitirán as solicitudes que consistan na realización de obras ou traballos de renovacións parciais da fachada ou cuberta. A renovación ten que cumprir ou mellorar as exixencias mínimas que fixa o Código técnico da edificación no documento «DB HE-1 Limitación da demanda enerxética».

Consideraranse custos subvencionables, aqueles gastos que se xeren e que sexan directamente imputables ás actuacións de renovación de fachadas e cubertas, en concreto:

• Custos das memorias básicas, informes técnicos e certificados necesarios, ou proxectos de arquitectura ou enxeñería na parte correspondente ás actuacións a subvencionar.
Custos de licencias.
Custos de desmontaxe das fachadas e cubertas existentes.
Custos de materiais das novas fachadas e cubertas de lousa. A lousa pertencerá na súa calidade comercial á primeira selección.
Custos de montaxe das novas fachadas e cubertas de lousa.

Documentación

Solicitude

Subvencións para a renovación de cubertas con tella cerámica

ORDE do 19 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de cubertas con tella cerámica, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento IN423B). (DOG nº 128 do 06 de xullo de2017)

Obxecto

Fomentar a renovación de cubertas con tella cerámica acadando melloras significativas na demanda enerxética dos edificios cos conseguintes aforros en termos económicos.

Actuacións e gastos subvencionables

A renovación de cubertas existentes de vivendas ou edificios de vivenda colectiva, así como nas súas edificacións anexas, por unha cuberta de tella cerámica. Non se admitirán as solicitudes que consistan na realización de obras ou traballos de renovacións parciais da cuberta. A renovación ten que cumprir ou mellorar as exixencias mínimas que fixa o Código técnico da edificación no documento «DB HE-1 Limitación da demanda enerxética».

Consideraranse custos subvencionables, aqueles gastos que se xeren e que sexan directamente imputables ás actuacións de renovación de cubertas, en concreto:

  Custos de materiais das novas cubertas de tella cerámica.
  Custos de desmontaxe das cubertas existentes.
  Custos de montaxe das novas cubertas de tella cerámica.
  Custos dos proxectos de arquitectura ou enxeñería na parte correspondente ás actuacións a subvencionar.
  Custos de licencias.

Documentación

Solicitude

Subvencións para a rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda existentes

ORDE do 19 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda existentes e se convocan para o ano 2017 (código de procedemento IN316A). (DOG nº 128 do 06 de xullo de 2017)

Obxecto

Fomentar a rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda existentes contribuíndo a embelecer o tecido construtivo galego cun material de fácil colocación e respectuoso co ambiente a vez que se mellora a eficiencia enerxética.

Actuacións subvencionables

A rehabilitación con granito da envolvente das fachadas existentes de vivendas ou edificios de vivenda colectiva. Non se admitirán as solicitudes que consistan na realización de obras ou traballos de rehabilitacións parciais da fachada.

Os tipos de fachada ou envolventes térmicas subvencionables son fachadas pegadas de granito, fachadas trasventiladas de granito e fachadas de perpiaño, coas características seguintes:

a. Fachadas pegadas de granito: composta de placas de granito pegadas con morteiros ou adhesivos á estrutura soporte, e suxeitas con ancoraxes de varilla como elemento de seguridade.
b. Fachadas trasventiladas de granito: composta de placas de granito fixadas á estrutura soporte mediante un sistema de ancoraxe, existindo entre elas unha cámara de aire e un material illante.
c. Fachadas de perpiaño: composta de perpiaño de granito de espesor aproximado entre 6 e 12 cm, unha cámara de aire, un illamento e unha estrutura interior. As pezas de granito estarán unidas á estrutura interior mediante ancoraxes puntuais de seguridade.

A rehabilitación da fachada ten que cumprir ou mellorar as exixencias mínimas que fixa o Código técnico da edificación no documento «DB HE-1 Limitación da demanda enerxética».

A solución construtiva elixida ten que cumprir as especificacións da norma «UNE 22203. Construción de aplacados de fachada con pedra natural» en canto ao deseño e construción da fachada ou envolvente térmica.

Custos subvencionables

Consideraranse custos subvencionables, aqueles gastos que se xeren e que sexan directamente imputables ás actuacións de rehabilitación de fachadas con granito, en concreto:

Custos de memorias básicas, informes técnicos e certificados necesarios, ou proxectos de arquitectura ou enxeñaría na parte correspondente ás actuacións que se van subvencionar.
Custos de licenzas.
Custos de desmontaxe do material de fachada ou envolvente existente.
Custos dos materiais: granito, morteiros e adhesivos, ancoraxes e sistemas de ancoraxe e o material illante.
Custos de man de obra civil e instalacións auxiliares necesarias para a montaxe da nova envolvente de granito.

O custo subvencionable máximo será de:
  110 € por m2 no caso de fachadas pegadas de granito.
  140 € por m2 no caso de fachadas trasventiladas de granito.
  130 € por m2 no caso de fachadas de perpiaño de granito.

Con carácter xeral, a contía da subvención será do 40 % dos custos totais subvencionables (IVE incluído, cando tal imposto sexa subvencionable) cun máximo de:

a. 12.000 € por vivenda unifamiliar illada.
b. 40.000 € por edificio de vivendas en bloque.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.