banner web pre narr xIII

Axudas a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño

Axudas a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma16)

cocinaNormativa

Resolución do 18 de setembro de 2017 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma17), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 184 do 27/9/2017).

Obxecto

Convocar axudas a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma17), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión.

O Igape publicará na súa páxina web www.igape.es/reforma17 a relación actualizada en todo momento dos establecementos de venda adheridos ao programa.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas, maiores de idade, consumidores individuais, propietarias ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial situados na C.A. de Galicia, sempre que os bens subvencionables descritos no artigo 3 se adquiran nunha entidade colaboradora adherida ao programa Reforma16 e se destinen ao dito inmoble. A titularidade dos dereitos sobre os inmobles non poderá comportar ánimo de lucro.

Actuacións, gastos subvencionables e contía das axudas

Serán subvencionables as operacións de adquisición de materiais de rehabilitación e pezas de mobiliario para cociña e baño (excluídos electrodomésticos) realizadas nun establecemento de venda adherido, que cumpran as seguintes condicións:

  1. Adquirir un ou varios bens obxecto de subvención nalgún dos establecementos de venda adheridos á presente iniciativa.
  2. Para ser subvencionable unha operación de compra deberá acadar un custo mínimo de 1.000 € (sen incluír IVE).
  3. A subvención máxima que se percibirá por persoa física será de 1.000 € nunha ou varias operacións.
  4. Os bens obxecto de axuda deberán ser destinados, nun prazo de tres meses desde a solicitude, á reforma ou nova instalación de mobiliario no enderezo indicado na solicitude de axuda. Este domicilio non poderá figurar en ningún expediente doutro solicitante de axuda ao abeiro deste programa. Os beneficiarios da axuda declararán responsablemente que o obxecto da subvención non se dedica nin se adscribe a ningunha actividade empresarial ou profesional.
  5. Os establecementos de venda deberán identificar claramente os materiais e pezas de mobiliario susceptibles de axuda conforme o establecido nestas bases.
  6. Quedan expresamente excluídos: a man de obra da reforma; os electrodomésticos; as ventás e os seus marcos; portas de paso e os seus marcos; estufas e cociñas de gas, leña, pellets ou similares e radiadores de calquera tipo; cortinas e estores.
  7. Non se admitirán os pagamentos en efectivo.

Non se considerarán subvencionables os gastos e custos financeiros que sexan consecuencia do investimento nin os gastos realizados en bens usados.

Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o día da presentación da solicitude e o derradeiro día do prazo de xustificación.

O IVE considerarase gasto subvencionable, dado que os beneficiarios son particulares, para xustificar o cal será necesario realizar unha declaración responsable (establecida na solicitude-anexo II) en que se indique que o obxecto da subvención non se dedica nin se adscribe a ningunha actividade empresarial ou profesional. Porén, para calcular a contía da subvención terase en conta o prezo dos bens impostos excluídos.

Contía da axuda

Será dun 20 % sobre o prezo dos bens, impostos excluídos, e antes do desconto requirido no seguinte parágrafo, cun máximo acumulado de subvención de 1.000 € por beneficiario.

A axuda do Igape virá condicionada a un desconto realizado polo establecemento de venda, que será realizado sobre a base impoñible da factura, de importe polo menos da mesma contía que a axuda outorgada polo Igape.

A diferenza de prezo sobre a base impoñible resultante para o comprador dos bens obxecto de axuda será do 40 % desta, cos límites expostos, mediante o desconto e a subvención á compra, sen prexuízo de calquera desconto adicional que se poida obter por políticas concretas de venda ou promocións dos establecementos ou fabricantes.

En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao seu valor do mercado.

Presentación de solicitudes

As entidades colaboradoras do programa Reforma17 son as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación).

O comprador ou compradora dirixirase a unha entidade colaboradora e elixirá un conxunto de bens para adquirir que cumpra os requisitos mínimos exixidos.

Na páxina web do Igape ( http://www.igape.es/reforma17 ) estará dispoñible unha listaxe de entidades colaboradoras do programa Reforma16.

Documentación

  1. Solicitude do beneficiario asinada (anexo II).
  2. Un dos seguintes documentos no que estea identificado sen dúbida ningunha o nome da persoa solicitante e o domicilio completo (que deben ser os mesmos que figuran na solicitude de axuda, anexo II): Copia da escritura da vivenda a nome da persoa solicitante, ou Certificado de empadroamento, só no caso de opoñerse á súa consulta; Recibo do IBI do domicilio da reforma a nome da persoa solicitante, ou recibo domiciliado a nome da persoa solicitante, de auga, electricidade, gas, etc. do domicilio da reforma.
  3. Factura xustificativa.
  4. Xustificante bancario do pagamento realizado polo beneficiario.

Prazo

  • O prazo de adhesión das entidades colaboradoras será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG (procedemento do Igape co código IG218). Ata o 27 de outubro de 2017.
  • O prazo de presentación de solicitudes de axuda (que inclúen a documentación xustificativa e a solicitude de cobramento) comezará aos 10 días hábiles despois da publicación desta convocatoria no DOG e finalizará o 17 de novembro de 2017 agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.. (procedemento do Igape co código IG219).
  • O prazo de xustificación da axuda estenderase ata o 1 de decembro de 2017.

Máis información do procedemento

  • Páxina web do Igape: http://www.igape.es
  • Teléfono de información do Igape: 900 81 51 51.
  • Enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Departamento de Servizos Sociais do Concello de Curtis

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.