Banner XIX exaltacion dos cogomelos 2018

Axudas a persoas emprendedoras e empresarias para 2018

bando emprego1. PROMOCIÓN E CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO

  • Programa I: Novas altas no réxime autónomos ou outro réxime especial SS ou mutualidade entre o 1 de outubro 2017 e o 30 de outubro 2018. Prazo de solicitude: ata o 30/09/18.
  • Programa II: Axudas a persoas autónomas ou as persoas profesionais pola 1º, 2º o 3º contratación que realicen con carácter indefinido. O prazo de solicitude depende da data de contratación.

2. PROXECTOS DE INVESTIMENTO EN ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS.

Proxectos de ampliación ou modernización de: industrias, fábricas, locais destinados á producción de bens e materiais, prestación de servizos en calquera sector, artesanía, enxeñaría, comercio polo miúdo, etc. Prazo de solicitude: 30/01/18 ao 28/02/18

3. AXUDAS PARA PROXECTOS DE TRANSFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS AGRARIOS. Prazo ata o 12/02/18

4. AXUDAS PARA O FOMENTO DO EMPREGO EN EMPRESAS PRIVADAS

  • Programa I: dirixido a empresas de nova creación para o inicio da actividade, contratación, formación e conciliación da vida laboral e familiar. Prazo xeral, ata o 31 de xullo 2018.
  • Programa II: para empresas ou autónomos cualificados como Iniciativas de Base Tecnolóxica (IEBT). Prazo xeral, ata o 30 de setembro de 2018.

5. GALICIA RURAL EMPRENDE

Axudas dirixidas á primeira implantación e desenvolvemento de novas actividades económicas non agrarias nas zonas rurais, que deben contribuír á diversificación económica, crecemento de emprego, sustentabilidade do medio rural e equilibrio territorial. Prazo ata o 26/03/18.

6. AXUDAS PARA O FOMENTO DO EMPRENDEMENTO EN ECONOMÍA SOCIAL

  • Programa I: En cooperativas e sociedades laborais. Prazo ata 01/10/18
  • Programa II: Fomento do acceso á condición de persoa socia. Prazo ata 01/10/18.

- Máis información: Servizo de Orientación Laboral do Concello de Curtis.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.