Banner campamento verano 2018

A V Carreira Popular Concello de Curtis celebrarase o 5 de maio

v carrera popularO departamento de Deportes do Concello de Curtis celebrará a V Edición da Carreira Popular Curtis-5K o 5 de maio, sábado. A proba pertence ao VI Circuito Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.

A competición absoluta disputarase sobre unha distancia de 5 km homologados pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA) e poderán participar atletas federados e non federados. Haberá unha sola clasificación conxunta.

A participación está aberta a todas as idades, aínda que nesta edición se quere facere un especial esforzo para animar á inscrición de nenos e adolescentes para que empecen desde pequenos a realizar actividade física de forma habitual e que esta forme parte do seu estilo de vida.

  • Saída: Rúa Mestre Eduardo Fariña (diante do polideportivo de Curtis.
  • Inscrición: Ata o mércores 2 de maio, ás 23.59 horas, na web de Carreiras Populares.
  • Retirada de dorsais: Realizarase o día da proba no polideportivo de Curtis, a carón da saída das probas ata media hora antes do inicio de cada proba.
  • Servizos: Haberá servizo de duchas a disposición dos atletas no polideportivo e ximnasio municipal de Curtis.

Premios e agasallos

  • Trofeo aos tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no regulamento da Proba, agás nas categorías pitufo e prebenxamín que se darán medallas a todolos/as participantes.
  • Trofeo o/a primeiro/a clasificado/a local da carreira absoluta.
  • Trofeo ós/ás tres primeiros/as clasificados/as da proba absoluta
  • Agasallo conmemorativo para todos/as os/as participantes.

 

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.