Numeracion Curtis logos

Turismo Social para maiores do IMSERSO 2019-2020

O Imserso xa está a remitir as cartas de renovación de datos para participar na próxima tempada 2019-2020; se os datos non son correctos ou cambiaron, dispón ata o 10 de xullo de 2019 para modificalosimserso 19

Normativa

Orde SCB/926/2018, de 10 de setembro, pola que se regula o Programa de Turismo do Instituto de Maiores e Servizos Sociais. (BOE nº 221 do 12/9/2018)

Resolución do 30 de maio de 2019, do Instituto de Maiores e Servizos Sociais, pola que se convocan prazas para persoas maiores que desexen participar no Programa de Turismo (BOE nº 150 do 24/6/2019)

Convócanse 900.000 prazas para participar no Programa de Turismo, a desenvolver nas quendas e destinos que se relacionan no anexo I desta resolución.

O Programa desenvolverase por quendas que agrupen ás persoas usuarias co mesmo orixe, destino e datas.

As quendas, que poderán ter unha duración desde 4 días (3 pernoitas) ata 15 días (14 pernoitas), realizaranse en réxime de pensión completa, excepto nas viaxes a capitais de provincia cuxo réxime será de media pensión.

As quendas do programa iniciaranse durante o período comprendido entre o mes de outubro de 2019 e o mes de xuño de 2020.

Solicitantes

a) Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:

  • Ser pensionista de xubilación do Sistema Público español de Pensións.
  • Ser pensionista de viuvez e ter 55 anos cumpridos.
  • Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos.
  • Ser titular ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social, con 65 anos cumpridos.
  • Deberán valerse por si mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.

b) Os españois residentes no estranxeiro sempre que reúnan os requisitos esixidos no apartado

a) anterior.

c) Os españois de orixe emigrantes que retornasen a España, sempre que sexan pensionistas dos sistemas públicos de seguridade social do país ou países aos que emigrasen.

Poderán participar o cónxuxe ou parella de feito sen necesidade de que éstos reúnan os requisitos de idade ou pensión.

Admitirase como acompañante a un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao igual ou superior ao 45%, sempre que a viaxe a realice cos seus pais e ocupe cama supletoria na mesma habitación do hotel ou, no seu caso, abonen o suplemento establecido para cuartos individuales que estará suxeito á dispoñibilidade de prazas.

As persoas usuarias de prazas e os seus acompañantes, excepto os fillos, deben valerse por si mesmas para realizar as actividades básicas da vida diaria.

Modalidades

- Zona Costeira Peninsular: estadías en zonas de Costa Peninsular de 15, 10 e 8 días en Andalucía, Murcia, Comunitat Valenciana e Cataluña.

- Zona Costeira Insular: estadías de 15,10 e 8 días en zonas de Costa Insular (Canarias e Illes Balears).

- Turismo de Interior, coas seguintes actividades: con estancias de 4, 5 e 6 días, cos seguintes tipos de viaxes:

  • Circuitos Culturais.
  • Turismo de Natureza.
  • Viaxes a Capitais de Provincia.
  • Viaxes ás cidades Autónomas de Ceuta e Melilla.

Servizos incluídos

  • Transporte ida e volta desde a súa capital de provincia ata o hotel de destino e regreso, agás para a modalidade de viaxes sen transporte e viaxes a capitais de provincia.
  • Aloxamento en réxime de pensión completa en habitación dobre a compartir en hoteis seleccionados polo IMSERSO. Contémplase o aloxamento en habitación individual, que terá un suplemento no prezo e estará suxeito a dispoñibilidade de prazas.
  • Servizo médico, complementario ao da Seguridade Social, no propio hotel.
  • Programa de animación
  • Póliza colectiva de seguros

Nas viaxes Culturais e Turismo de Natureza, dadas as súas especiais características non se inclúen os servizos médicos e programa de animación.

As viaxes a capitais de provincia serán en réxime de media pensión e sen transporte.

Prezos por persoa das diferentes quendas.

Dependendo do destino e duración da viaxe, os prezos das prazas son os que figuran no anexo I da resolución.

Reservarase o 1% das prazas para as persoas con recursos económicos iguais ou inferiores ao importe das PNCs que alcanzasen maior puntuación nos criterios de valoración, e redúcese o prezo fixado no anexo I nun 50 por cento.

En concepto de reserva de praza abonarase unha cantidade máxima do 20% do prezo da praza. A totalidade do prezo da praza abonarase 45 días antes do comezo da viaxe.

No caso das quendas que comecen nos meses de outubro e de novembro, cando o tempo que transcorra desde a reserva de viaxe á data de saída do mesmo sexa inferior a 45 días, deberase facer efectivo a totalidade do pago da viaxe no momento da reserva.

Prezos para a tempada 2019/2020: pdf

  • Estes prezos inclúen o aloxamento en pensión completa e en cuarto dobre a compartir.
  • No caso de aloxamento en cuarto individual estes prezos teñen un incremento de 16 € por noite para os destinos de Illes Baleares e costa peninsular, 18 € por noite para Canarias e 20 € para Turismo Interior.
  • Pensión completa agás en viaxes a capitais de provincia que será en réxime de media pensión.
  • As quendas de Nadal e Fin de ano teñen un suplemento de 20 € por cada comida ou cena de gala (cenas 24 e 31 de decembro. Comidas 25 decembro e 1 xaneiro)

Solicitude de praza

Se a pasada tempada persoa solicitante estaba acreditada para viaxar, non é necesario que cumprimente nova solicitude, xa que o Imserso dispón de todos os seus datos.

Se accede por primeira vez ao Programa de Vacacións ou renova a súa participación tras un período inactivo, deberá formalizar a solicitude.

Recoméndase realizar a solicitude "en liña" xa que o proceso é moito máis rápido e permite estar acreditado case de maneira inmediata.

A solicitude servirá para obter a sua acreditación que lle permitirá acceder ás prazas do Programa e incluílo na Base de Datos de Acreditados onde permanecerá de maneira permanente ata que comunique o contrario ao IMSERSO

Unha vez procesadas todas as solicitudes recibidas no prazo sinalado, o Imserso acreditará a tantos usuarios como prazas dispoñibles existan, e procederase, en caso necesario, a aplicar a baremación correspondente, relativa a idade, ingresos e viaxes realizadas con anterioridade.
No mes de setembro de 2018 todas as persoas solicitantes recibirán unha notificación na que se lles indicará:

Data na que poden obter os billetes, con garantía de praza, debendo elixir a súa viaxe dentro das dispoñibilidades existentes.

Para aqueles que unha vez baremados non teñan garantía de praza, notificaráselles a data a partir da cal poderán dirixirse á Axencia de Viaxes por se houbese vacantes para calquera dos destinos ou datas.

Documentación:

Esta solicitude serve para obter a resolución que acredita a condición de persoa beneficiaria do Programa de Turismo, e que permitirá acceder ás prazas convocadas.

Non será necesario que as persoas acreditadas para viaxar en tempadas anteriores, cumprimenten nova solicitude, xa que recibirán un documento no que figuran os datos persoais e de preferencia de destino e que, só no caso de que queiran modificar algún deses datos, deberán devolver ao Imserso nun prazo que finaliza o 10 de xullo de 2019.

As persoas acreditadas polo Imserso en tempadas anteriores e as que obteñan acreditación nesta convocatoria, unha vez comprobado que reúnen os requisitos, serán baremadas mediante a aplicación dos criterios de valoración.

Será posible viaxar con outra persoa que vaia a presentar a súa solicitude na mesma provincia, cando sexan iguais os destinos elixidos e a orde de prioridade das prazas solicitadas. Esta vinculación reflectirase en ambas as solicitudes.

Criterios de valoración

  • Idade da/do solicitante (no caso de matrimonio aplicarase a media)
  • Situación de discapacidade
  • Situación económica
  • Participación no programa en anos anteriores
  • Condición de familia numerosa.

Lugar de presentación

A través da Sede Electrónica do Imserso

Servizos Sociais Comunitarios

Servizos Centrais do IMSERSO (Avda. de la Ilustración, s/n c/v c/ Ginzo de Limia, 58. 28029 Madrid)

No Apartado de Correos 10.140, 28080 MADRID.

En calquera das formas previstas no art. 16 da Lei 39/2015, de 1 de octubre, do Procedemento Administrativo Común das Administraciones Publicas

As solicitudes das persoas residentes en Alemaña, Andorra, Austria, Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Francia, Holanda, Italia, Luxemburgo, Noruega, Portugal, Reino Unido, Suecia e Suíza, poderanse tramitar nas correspondentes Consellerías de Traballo, Migracións e Seguridade Socia

Máis información

  • No teléfono 901 109 899 IMSERSO. De luns a venres de 9 a 18 horas.
  • Servizos Sociais do Concello de Curtis 981789003
  • Por medio da caixa de correo electrónico do Programa de Turismo do Imserso ou a través do formulario de contacto, pódese solicitar información ou facer chegar consultas.

Prazo de presentación

Único período de presentación: do 25 de xuño ao 10 de xullo de 2019.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.