banner narracion curta XIV

Exposición pública do Censo Electoral ata o 1 de xuño

Como consecuencia da convocatoria de eleccións ao Parlamento de Galicia 2020 mediante Decreto72/2020, do 18 de maio, e de conformidade co establecido no artigo 39 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, de réxime electoral xeral, ponse en coñecemento do público en xeral que o prazo de exposición pública do Censo Electoral será dende o día 25 de maio ao 1 de xuño, ambos incluídos.

O servizo de consulta realizarase nas oficinas do Concelo de Curtis logo de solicitar cita previa nos teléfonos 981.789.003 ou 981.777.105

Ademais, durante o período electoral, vai estar dispoñible en internet un servizo de consulta para que os electores poidan comprobar os datos da súa inscricion no censo electoral na sede electrónica do INE, na dirección https://sede.ine.gob.es/consulta_electoral_elecciones., e telefónicamente a través do número 901.101.900, no seguinte horario:
- de luns a sábado, de 9:00 a 14:00 horas.
- Luns 1 de xuño de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00.

Durante o prazo de exposición do censo, os cidadáns con dereito a voto residentes no concello, poden presentar a reclamación administrativa respecto da súa inclusión ou exclusión no mesmo nas oficinas e horario indicado anteriormente previa cita. A reclamación faráa o propio interesado, acreditándose co seu DNI, pasaporte, ou permiso de conducir, do que se unirá fotocopia á reclamación.

Ínstase á consulta do censo, sobre todo a aquelas persoas que cumpriron recentemente os 18 anos, así como a aquelas persoas que cambiaron de domicilio nos últimos meses

Terán dereito de voto neste municipio as persoas empadroadas ata o día 27 de febreiro de 2020, incluído. Aquelas persoas que se empadroaron con posterioridade á dita data, teñen dereito ao voto no concello de onde proceden."

 

aviso

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.