banner narracion curta XIV

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS DA CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN, LABORAL TEMPORAL, DE DOUS PEÓNS A MEDIA XORNADA PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS DO CONCELLO DE CURTIS.

EXPEDIENTE: 2020/G003/000358
Javier Francisco Caínzos Vázquez, alcalde do Concello de Curtis, (A Coruña),

ANTECEDENTES
Mediante Decreto da Alcaldía nº 251 do 14/05/20, aprobáronse as bases da convocatoria para a contratación, laboral temporal, de dous peóns a media xornada para a realización de obras e servizos mínimos do Concello de Curtis, e publicado no BOP nº 69 do 15/05/20, segundo a resolución número 2020/13146 de 14 de febreiro, pola que a Deputación Provincial da Coruña aproba a concesión definitiva das subvencións correspondentes á convocatoria do Programa de Integración Laboral mediante execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia con menos de
20.000 habitantes, sendo concedido a este Concello de Curtis un importe de 30.982,34 € publicada Boletín Oficial Provincial (BOP nº 61 do 17/04/2020).

Unha vez rematado o prazo de presentación de instancias, e segundo o establecido no Base Cuarta, no uso das atribucións que me outorga a lexislación do réxime local vixente,

RESOLVO:
PRIMEIRO.- Aprobar a listaxe provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as ó proceso selectivo que figura no Anexo I.
SEGUNDO.- Que se dea publicidade a tal convocatoria por medio do taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello de Curtis (www.curtis.gal).
TERCEIRO.- Conceder un prazo de dos días hábiles, contados a partir do día seguinte a súa publicación, para que os/as candidatos/as excluídos/as emenden os defectos de presentación.

CONSULTAR AQUÍ O LISTADO DOS ADMITIDOS (ANEXO 1): Listado_provisional_media_xornada.pdf

aviso copy copy copy

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.