banner narracion curta XIV

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS DA CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN, LABORAL TEMPORAL, DE DOUS PEÓNS A XORNADA COMPLETA PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS DO CONCELLO DE CURTIS.

EXPEDIENTE: 2020/G003/000359

Javier Francisco Caínzos Vázquez, alcalde do Concello de Curtis, (A Coruña),

ANTECEDENTES

Mediante Decreto da Alcaldía nº 252 do 14/05/20, aprobáronse as bases da convocatoria para a contratación, laboral temporal, de dous peóns a xornada completa para a realización de obras e servizos mínimos do Concello de Curtis, e publicado no BOP nº 69 do 15/05/20, segundo a resolución número 2020/13146 de 14 de febreiro, pola que a Deputación Provincial da Coruña aproba a concesión definitiva das subvencións correspondentes á convocatoria do Programa de Integración Laboral mediante execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia con menos de 20.000 habitantes, sendo concedido a este Concello de Curtis un importe de 30.982,34 € publicada Boletín Oficial Provincial (BOP nº 61 do 17/04/2020).

No uso das atribucións que me outorga a lexislación do réxime local vixente, RESOLVO:

PRIMEIRO.- Aprobar a listaxe provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as ó proceso selectivo que figura no Anexo I.

SEGUNDO.- Que se dea publicidade a tal convocatoria por medio do taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello de Curtis (www.curtis.gal).

TERCEIRO.- Conceder un prazo de dos días hábiles, contados a partir do día seguinte a súa publicación, para que os/as candidatos/as excluídos/as emenden os defectos de presentación.

CONSULTA AQUÍ A LISTAXE DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS (ANEXO 1): Listado_provisional_xornada_completa.pdf

aviso copy

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.