banner narracion curta XIV

Iniciada a humanización da contorna da Praza de España en Teixeiro

Curtis, 22 de xaneiro de 2020.- Esta semana comenzaron as obras de humanización e mellora da contorna da Praza de España de Teixeiro, coas que se complementa a reurbanización que transformou o emblemático espacio que precede á Casa Consistorial.

Nesta nova fase de actuacións procederase a unha humanización das rúas anexas á praza, coa que se incrementará a superficie de espazo peonil e se suprimirán as barreiras arquitectónicas, en base á normativa vixente en materia de accesibilidade.

Ademáis, vanse renovar os pavimentos en beirarrúas e calzadas, instalarase unha nova rede de pluviais e implantarase unha nova sinalización horizontal, con especial incidencia nos pasos peonís que unen estas rúas coa Praza de España.

As obras son executadas polo Concello de Curtis e cofinanciadas por éste e a Dirección Xeral de Urbanismo, a través do Plan Urbe. A inversión ascende a un total de 88.525 euros.

 Actuacións previas

No ano 2017 procedeuse a cambiar toda a pavimentación da praza, que estaba en moi mal estado, retirouse a fonte para deixar un espazo máis diáfano e multiusos, incluíronse zonas de xogo, mellorouse a accesibilidade, e potenciouse a iluminación.

A finalidade: mellorar este punto de encontro no que se desenvolven algunhas das principais actividades de Teixeiro, como as feiras dos días 5 e 18 de cada mes, as festas locais e numerosos actos de distintos colectivos sociais. 

Obras de humanización no entorno da Praza de España en Teixeiro

 

 

Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos

Normativa

Orde do 18 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2020 e se procede á súa convocatoria (DOG nº 12 do 20/01/2020) BS410A.

Aclaracións sobre a documentación |  Resumo convocatoria PFC 2020

Nota: este será o último ano que se publique esta orde de convocatoria xa que esta prestación estará incluída na ampliación da tarxeta benvida, na que se establece que "as familias con renda igual ou inferior a 22.000 € terán dereito á axuda no segundo ano de vida e ata que o neno ou nena faga tres anos". As/os nenas/os nacidos a partir do ano 2018 xa perciben esta axuda a través da ampliación da tarxeta benvida.

Obxecto

Establecer as bases e convocatoria para a concesión da prestación familiar por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2020.

Persoas beneficiarias

  • Persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos nados entre o 1.1.2017 e o 31.12.2017, ambos os dous días incluídos, e que, durante o ano 2018, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso.
  • Serán igualmente beneficiarias polas fillas ou fillos adoptados ou acollidos mediante resolución, xudicial ou administrativa, ditada entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2017.
  • Nos supostos de que exista unha resolución xudicial que atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras, a persoa beneficiaria será aquela que teña a custodia das fillas ou fillos, de acordo co establecido na dita resolución.

Enténdese por unidade familiar a formada polo pai e/ou a nai que teña/n a custodia do ou da menor polo que se solicita a axuda e os fillos e fillas da persoa solicitante.

En ningún caso poderán ser beneficiarias as persoas proxenitoras privadas da patria potestade das súas fillas ou fillos, ou se a tutela ou a garda fose asumida por unha institución pública.

As persoas estranxeiras que residan en Galicia poderán beneficiarse desta prestación sempre que cumpran as condicións da Lei orgánica 4/2000, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, e os requisitos establecidos nesta orde. Ademais, deberán ter a condición de contribuíntes para os efectos do disposto na normativa do IRPF, e da modificación parcial das leis dos impostos sobre sociedades, sobre a renda de non residentes e sobre o patrimonio.

Requisitos

  • Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia. No caso de que non quede acreditada a dita circunstancia pola presentación do xustificante de empadroamento, poderáselles requirir para que presenten documentación complementaria que o demostre.
  • Que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante.

Os requisitos para ter dereito a esta prestación deberán reunirse o último día do prazo de presentación de solicitudes.

Contía da axuda

A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:

  • 1ª filla ou fillo: 360 euros.
  • 2ª filla ou fillo: 1.200 euros.
  • 3ª e sucesivos: 2.400 euros.

Documentación

  1. Copia do Libro de Familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil de cada unha das fillas ou fillos da persoa solicitante, para os efectos de acreditar a data de nacemento e o número de orde que ocupa a filla ou fillo na descendencia da persoa solicitante.
  2. Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar (a antigüidade máxima do mesmo será de 6 meses).
  3. No caso de nulidade, separación ou divorcio copia da sentenza ou da resolución xudicial que estableza as medidas paterno-filiais dos fillos e fillas comúns, acompañada, de ser o caso, do convenio regulador.
  4. Copia da resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción ou acollemento, no suposto de que a súa formalización se realizase noutra comunidade autónoma, de ser o caso.
  5. Anexo II cuberto e asinado pola persoa proxenitora que non figure como solicitante e que forme parte da unidade familiar. De non achegar este documento, deberá xustificarse presentando a documentación que figura na letras c) deste artigo ou certificado de monoparentalidade expedido pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Lugar de presentación:

  • Servizos Sociais do Concello de Curtis

Prazo de presentación:

35 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Comezará o 21 de xaneiro e rematará o 10 de marzo de 2020 (ambos os dous incluidos)

 

pexels photo 2456327

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.