Numeracion Curtis logos

Curso gratuíto de manexo seguro de carretas elevadoras

carretillasA área de Promoción Económica do Concello de Curtis organiza un curso gratuíto de manexo seguro de carretas elevadoras para 20 alumnos/as:

Días: 25 e 26 de xaneiro.

Horario: 

  • Día 25: Teoría, de 18.00 horas A 21.00 horas, no Polígono Industrial de Teixeiro.
  • Día 26: Práctica, no Polígono Industrial de de Ledoño - Culleredo.

Imparte: E.C.T. Galicia (Grupo San Martín)

Inscrición:

  • Prazo de inscrición: do 7 ao 23 de xaneiro.
  • Documentación necesaria: Cubrir ficha de inscrición: pdf
  • Lugar: Casa do Concello (2º andar) ou Oficina Municipal de Curtis.
  • Máis información: Orientación laboral (Telf: 981789003 Ext.2037).

Inscrición para a campaña de Esquí da Deputación

Campaña de Esquí da Deputación.
 
manzanedaCampaña de inverno para rapaces e rapazas de 11 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2019), residentes en calquera municipio da provincia. Para o municipio de Curtis resérvanse tres prazas.
 
Os participantes gozarán de catro días na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, ademais dos cursiños de esquí.

COTA DE INSCRICIÓN: No transcurso da inscrición será facilitado pola Deputación un número de conta onde se aboará a cota de 85,00 € (oitenta e cinco euros), facendo constar o nome do/a neno/a, concello e CAMPAÑA DE INVERNO 2019.

INCLÚE: Transporte, estadía e manutención na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados. 

INSCRICION: Ata o 10 de xaneiro

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.