Numeracion Curtis logos

Aberto o prazo de inscrición para os cursos municipais de natación, pádel e aquagym

curso piscina 2016

A área de Deportes do Concello de Curtis abriu o prazo para a inscrición nas actividades deportivas que se organizarán nas piscinas municipais durante os meses de xullo e agosto: cursos de natación, pádel e aquagym (ximnasia acuática).

A idade mínima para participar será de 5 anos (nacidos en 2012) en natación, e de 8 anos (nacidos en 2008) en pádel.

A inscrición, obrigatoria, poderase realizar na Casa do Concello en Teixeiro ou nas dependencias municipais no recinto da Feira Comarcal de Curtis.

Os prezos dos cursos son os seguintes:

  • Natación:12,41 €/ mes.
  • Aquagym: 12,41 € / mes.
  • Pádel: gratuíto.

 

O Campionato Galego e a III Carreira Popular de Curtis celebraranse o 2 de xullo

  • O prazo de inscrición para esta proba urbana estará aberto até o 1 de xullo.

carreira popular 2016A III Carreira Popular de Curtis e o Campionato Galego, no que se percorrerán cinco quilómetros en zona urbana, celebraranse o próximo día 2 de xullo, sábado. O Concello de Curtis, organizador do certame a través da concellaría de Deportes, manterá o prazo de inscrición aberto até o venres, 1 de xullo, ás 22.00 horas.

A proba, na que colaboran a Federación Galega de Atletismo, Deporte Galego e a Xunta, está deseñada por percorridos para as distintas idades dos corredores, establecidas por categorías. Para os máis pequenos, a categoría Pitufo, a distancia a percorrer será de 300 metros, que subirá a 500 para os Prebenxamíns, a un quilómetro para Benxamíns e Alevíns e a 2.500 metros para Infantís e Cadetes.

Na carreira dos 5 quilómetros en ruta, que estará homologada pola Real Federación Española de Atletismo e que percorrerá as principais rúas de Curtis, poderán participar as categorías Xuvenil e Junior, Promesa e Senior e Veteranos. Esta proba absoluta será á súa vez Campionato Galego.

Para consultar os percorridos, preme aquí.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.