Numeracion Curtis logos

O servizo de recollida de plásticos agrícolas pasará polas explotacións inscritas o mércores, 18

O Concello informa que mañá, mércores, 18, pola tarde, se procederá á recollida de plásticos agrícolas en aquelas explotacións gandeiras e agrarias do municipio que estean inscritas neste servizo ‘porta a porta’. Os plásticos deben estar limpos e atados para facilitar o seu manexo.

O servizo municipal, de carácter trimestral, está dispoñible para todas as explotacións que pidan incorporarse ao programa de recollida e reciclaxe destes plásticos altamente contaminantes.

Para inscribirse ou solicitar máis información, chamar ao Concello 981789003. As explotacións inscritas, ademáis, poden solicitar a recollida a través da aplicación móbil do Concello ‘Curtis Teixeiro APP’.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.