Numeracion Curtis logos

Forzan o acceso a un almacén municipal en Teixeiro e rouban material, maquinaria e un vehículo todoterreo

fotoalmacen robo

O Concello de Curtis presentou denuncia ante a Garda Civil polo roubo sufrido na noite do martes en dependencias municipais, das que se levaron material de traballo, maquinaria e un vehículo todoterreo. O Goberno local estima as perdas en máis de 15.000 euros.

Do material subtraído despois de forzar o acceso ás dependencias, situadas nas antigas piscinas de Teixeiro e utilizadas como almacén e vestiario dos operarios municipais, destacan un Nissan Patrol, un remolque-tractor, un cortacésped, doúas motoserras, dous rebarbadoras, tres trades e unha máquina de soldar.

A Garda Civil de Curtis iniciou xa a investigación do roubo, que se sospeita foi efectuado por máis dunha persoa.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.