Numeracion Curtis logos

O número 2 da revista ‘Curtis o día’ rende conta das accións para impulsar os motores económicos do municipio

 

  • O Concello edita unha nova publicación para facer partícipe aos cidadáns das accións executadas máis destacables e dos proxectos previstos.

Revista2

Na súa aposta por unha xestión máis transparente, o Concello de Curtis publicou o pasado mes de agosto o número 2 da revista municipal 'Curtis ao día' para informar aos veciños sobre as actuacións que desenvolve o Goberno local así como dos plans a curto e medio prazo. Desta maneira quere render contas e facer partícipe aos cidadáns das accións executadas máis destacables e dos proxectos previstos, así como das aspiracións e tamén preocupacións do equipo de Goberno.

Se no primeiro número da revista, publicada a principios de ano, o tema principal foi a explicación detallada dos orzamentos para 2016, a nova publicación céntrase nas accións que se están a desenvolver para impulsar os principais motores económicos do municipio: o sector primario (gandeiro, agrario e forestal), así como o comercio e a instalación de novas empresas no Polígono Industrial co fin de axudar na creación de emprego e de riqueza tanto no municipio como na comarca. Ademáis, destaca unha entrevista co primeiro tenente de alcalde, Antonio Fraga, responsable das áreas de Medio Ambiente e Promoción Económica e Industrial, e presenta un balance do peche dos orzamentos do ano pasado.

A revista tamén inclúe información das accións na área de Igualdade, dos investimentos en obras e equipamentos, dos logros deportivos e dalgunhas das festas desenvolvidas no municipio até principios de agosto.

A información día a día, no Facebook

Xunto con esta revista como ferramenta de comunicación coa cidadanía, que o Concello comezou a editar de xeito semestral, o Concello dispón dunha conta de Facebook oficial na que informa diariamente de toda actividade local e municipal que poida ser de interese: emprego, formación, convocatorias, recursos, avisos, incidencias, recursos, actividade cultural, etc. Pero tamén se contempla como un espazo de participación, aberto e plural a todas as opinións e inquedanzas dos veciños e veciñas.

O Facebook está a ser una boa ferramenta para dar a coñecer o noso municipio fóra dos nosos límites territoriais e para acercanos ás decenas de curtienses que están na emigración.

Ademáis do Facebook do Concello, tamén o CIM Curtis dispón de conta propia e a área de Xuventude.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.