Numeracion Curtis logos

O Concello forma aos voluntarios que participan nos proxectos europeos dos que Curtis é socio

 

voluntariado 2016Darío Rodríguez é un xoven voluntario que, a través dos programas europeos dos que o Concello de Curtis é socio, estará até o 30 de xuño do 2017 en Belví (Cerdeña) co fin de desenvolver actividades relacionadas co medio rural, co medio ambiente e con diversas accións sociais.

Este mozo, que estará acompañado doutra voluntaria francesa, ocupará durante dez meses a única praza ofertada en España para este proxecto europeo xestionado por Curtis. Desde o concello, encargado tamén de dar apoio, se lle formou e informou, entre outros temas, sobre o tipo de traballo que desenvolverá en Belví, sobre os dereitos e deberes que ten como voluntario e sobre o funcionamento do seguro que cubre a súa estancia.

Proximamente, o concello enviará a outros tres mozos, tamén a Cerdeña, para participar nunha segunda iniciativa dirixida a mellorar os recursos enogastronómicos, culturais e naturais da zona. Estarán todo un mes e coincidirán con nove voluntarios doutros países europeos.

A través do impulso destes proxectos europeos, o Goberno local busca potenciar a formación da xuventude e que coñezan novas culturas e novas maneiras de enfrontar retos e traballos. Pola experiencia que aportan aos mozos e mozas, as actuacións en voluntariado son cada vez máis valoradas polos equipos de recursos humanos das empresas á hora de estudar os currículos laborais.

 

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.