Numeracion Curtis logos

O Concello organizará un segundo curso de condución segura ante a alta demanda de alumnos

 

conduceO Concello de Curtis organizará un segundo curso gratuíto sobre técnicas de condución segura ante a alta demanda de alumnos xa que o prazo de inscrición da primeira convocatoria, para 18 persoas, finalizou cunha lista de espera dunha ducia de demandantes.

A iniciativa 'Conduce ti' pretende formar, especialmente aos máis novos, en técnicas e hábitos para evitar riscos innecesarios na condución co fin de previr os accidentes de circulación.

A primeira convocatoria do curso desenvolverase este sábado, día 24, e incluirá tanto clases teóricas como prácticas para que os condutores coñezan que situacións de perigo poden atoparse e as mellores maneiras de evitalas.

  • Día: 24 Setembro.
  • Horario: 9.00 a 15.00 horas.
  • Lugar: Polígono Industrial Curtis- Teixeiro.
  • Imparte: E.C.T. Galicia ( Grupo San Martin).

A data da nova acción formativa anunciarase en breve.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.