Numeracion Curtis logos

O Goberno destinará 321.000 euros do remanente a mellorar camiños, pistas e accesos e nas obras da Praza de España

 Pista1pistasantaia

O Concello de Curtis levará ao Pleno ordinario deste mes de outubro, convocado para o luns, día 10, dedicar 321.723 euros do remanente de liquidación positivo dos orzamentos de 2015 a obras de seguridade viaria en varios camiños e accesos así como á segunda fase das obras de remodelación da Praza de España.

Concretamente, o Goberno local destinará 150.761 euros a reforzar a calzada e a ensanchar a estrada que vai desde a N-634 a Santaia, unha das máis transitadas xa que é un acceso crave desta poboación co resto de núcleos e unha zona de paso habitual dos gandeiros á cooperativa. Ademais, investiranse 46.500 euros en rehabilitar a pavimentación na súa totalidade dos núcleos de Villardois e Valiño, así como do viario subterráneo da Pena en Os Vilares.

O orzamento incluirá tamén unha partida de 34.462 euros para reforzar a rodaxe dos camiños das parroquias de Fisteus e Santa Eulalia co fin de mellorar a seguridade viaria e outra de 90.000 euros para a actuación na Praza de España, en Teixeiro. Esta última execución consistirá en completar a reurbanización perimetral deste espazo público e en mellorar a súa iluminación e accesibilidade.

O informe de secretaría sinala que a capacidade de financiamiento das arcas municipais seguirá sendo positiva tras esta modificación orzamentaria.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.