Numeracion Curtis logos

O Pleno abordará o informe da Deputación sobre o cambio de nome do grupo municipal do BNG

 

  • Os edís que entraron na Corporación pola formación nacionalista solicitaron manter o grupo pero con outro nome tras abandonar a militancia do BNG.

plenooutubro 2016O Pleno ordinario de Curtis, convocado para o luns, día 10, abordará a petición dos concelleiros do BNG de manterse como grupo municipal na Corporación pero cambiando a súa denominación unha vez que todos os edís abandonaron a organización nacionalista pola que se presentaron nas últimas eleccións locais.

Na sesión plenaria darase a coñecer o informe solicitado aos Servizos Xurídicos da Deputación despois de que, no pleno de agosto, o primeiro informe elaborado pola Secretaria Municipal deixase constancia de que o cambio de denominación a 'Asembleas Abertas de Curtis' solicitado polos ex edís do BNG podía non ser axustado ás leis de réxime local e electoral. Para estes casos, segundo recolle o informe, a lexislación prevé que os concelleiros pasen a considerarse como 'non adscritos' a título individual xa que só se poden configuran como grupos municipais en función da lista electoral pola que foron elixidos.

No entanto, a Secretaria Municipal optou por encargar un novo informe a instancias superiores sobre esta situación para incluír no expediente, que recolle dous requirimentos do BNG, o primeiro, do mes de xuño, solicitando o seu paso ao Grupo Mixto, e un posterior no que solicita deixar sen efecto a primeira petición para pasar a denominarse Grupo Municipal Asembleas Abertas Concello de Curtis.

Ademais, o expediente recolle un escrito do BNG comarcal, do mes de agosto, no que informa de que os catro concelleiros que entraron na Corporación curtiense por esta formación política comunicaron o abandono de militancia e pertenza ao BNG, motivo polo que insta a que se lles aplique a Lei de Bases Réxime Electoral de forma que pasen a ser considerados como concelleiros 'non adscritos'.

Outros temas que se abordarán no Pleno:

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.