Numeracion Curtis logos

O Concello finaliza o cambio de cuberta no patio do CEIP de Teixeiro

 

patio 2O Concello curtiense finalizou co cambio da cuberta do patio interior do CEIP de Teixeiro, actuación na que investiu 3.630 euros, as obras de mellora e mantemento nos centros educativos previstas para o inicio deste curso.

A execución enmárcase no acordo alcanzado entre o Goberno local e a Consellería de Educación para dar resposta este ano escolar ás demandas do CEIP de Curtis e Teixeiro, que incluíron, tamén, no caso do primeiro, o pintado de todo o exterior das instalacións por parte da Administración Local, e por parte da Xunta, a renovación das cubertas nalgúns despachos de dirección e dos profesores e o cambio do sistema de calefacción. patio 1

No CEIP de Teixeiro, o Concello renovou a instalación eléctrica en varias aulas para o uso da pizarra dixital, así como no comedor, ademais de mellorar a cuberta do patio interior. A consellería cambiou a caldeira da calefacción.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.