Numeracion Curtis logos

O Concello chama á cidadanía a participar na definición das novas estratexias ambientais para o municipio

 

  • Convoca reunións veciñais en Curtis e Teixeiro e habilita un espazo na web municipal cun cuestionario e un correo electrónico para recibir opinións e suxestións.

cartel ambiental 2016O Concello de Curtis activou varias canles de participación a través da súa web e redes sociais e convocou varias reunións en Curtis e Teixeiro para implicar á cidadanía na definición das novas liñas estratéxicas ambientais para o municipio. O obxectivo é contar coa súa implicación nos plans e proxectos de sustentabilidade que se integrarán de maneira transversal na xestión pública local.

As principais liñas de actuación encamiñaranse a neutralizar as consecuencias do cambio climático a través de accións enfocadas á prevención, así como a mellorar a eficiencia enerxéticas en edificios, infraestruturas e servizos públicos, a aumentar o uso das enerxías renovables e a fomentar a mobilidade urbana sustentable.

O edil de Medio Ambiente, Antonio Fraga, destacou a importancia de contar coas opinións e suxestións dos cidadáns tanto a título individual como colectivo para que "entre todos podamos construír o futuro ambiental que queremos para o noso municipio".

Con este obxectivo, o Goberno local lanzou a campaña 'Traballando xuntos por un futuro ambiental mellor', habilitou un espazo na web www.curtis.gal onde os veciños poden atopar e cumprimentar un cuestionario para axudar a identificar os problemas e as prioridades de mellora, así como a dirección dun correo electrónico (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) ao que poden facer chegar as súas propostas.

Ademais, o Concello convocou varias reunións veciñais ás que convida a toda a cidadanía a participar para os seguintes días:

CURTIS

Xoves, día 20 outubro, no Recinto Feiral

  • Primeira convocatoria: ás 17.00 horas.
  • Segunda convocatoria: ás 20.30 horas.

TEIXEIRO

Luns, día 24 de outubro, no Centro Etnográfico.

  • Primeira convocatoria: ás 17.00 horas.
  • Segunda convocatoria: ás 20.30 horas.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.