Numeracion Curtis logos

Rouban 1.700 metros do cableado de cobre da iluminación pública en dúas avenidas principais de Teixeiro

 

  • Ante os últimos sucesos delituosos no municipio, o Concello solicita a máxima colaboración da Garda Civil para resolver as denuncias con celeridade.

robocable1O Concello de Curtis presentou denuncia ante a Garda Civil polo roubo de 1.700 metros do cable de cobre da rede de terra da iluminación pública das marxes da Avenida de Castilla e da Avenida Buenos Aires de Teixeiro. O custo de restituír o cableado ascende a 6.000 euros.

A subtracción non supuxo o corte eléctrico, pero o Goberno local procederá á súa reparación inmediata polo perigo da situación.

Aínda se descoñece o día exacto do roubo e quen o efectuou, a pesar de preguntar aos veciños por se viran ou percibiran algo estraño, pero se sospeita que puideron facelo durante o día persoas co uniforme dalgunha compañía eléctrica.

robocable2Ante este feito e outros de carácter delituoso ocorridos no municipio en datas recentes, o Concello pide a axuda dos veciños para que alerten de calquera situación que poida parecer irregular e solicita a máxima colaboración á Garda Civil para que os seus efectivos atendan e resolvan as denuncias coa máxima celeridade.

O Goberno local alertou ás forzas de seguridade hai dúas semanas do roubo de parte da varanda da Ponte do Arco, que grazas ao aviso dos veciños impediuse que a desmontasen na súa totalidade, e en agosto notificou que se forzou o acceso a uns almacéns municipais de onde levaron material, maquinaria e un vehículo todoterreo, perdas estimadas en máis de 15.000 euros.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.