Numeracion Curtis logos

Finalizadas as actuacións de mellora dos accesos ás explotacións agrarias en Merelas, Vilariño e Pedreira

ObrasPDR2ObrasPDR1

Varios membros do equipo de Goberno visitaron a semana pasada as obras de mellora dos accesos ás explotacións agrarias en Merelas e Vilariño-Pedreira, que se enmarcan no Plan de Desenvolvemento Rural (PDR) para este ano e que supuxeron un investimento de 77.748 euros.

As actuacións, que acaban de concluír, consistiron no ensanche da pista municipal do Mandeo até Vilariño e Pedreira, na parroquia de Foxado, e na mellora do firme da pista AC-230 até Merelas.

Compromisos de lexislatura

O alcalde Javier Caínzos, o portavoz municipal Antonio Fraga e os concelleiros de Medio Rural, Alfonso Gómez, e de Obras, Emilio Souto, que se achegaron a supervisar o final destas execucións, destacaron que o acondicionamento da rede viaria que enlaza os núcleos rurais non é só un dos obxectivos prioritarios do Goberno local senón un dos compromisos adquiridos para esta lexislatura.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.