Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis implica a representantes educativos e sanitarios nas estratexias de saúde e prevención

 

  • Constituíu a Mesa Intersectorial para detectar as necesidades do municipio e mellorar a coordinación das accións que se poñan en marcha.

mesasalud 2016O Concello de Curtis impulsou a creación dunha Mesa Intersectorial no marco da Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no Sistema Nacional de Saúde co obxectivo de detectar as necesidades en saúde e prevención dos distintos sectores da poboación e de coordinar as distintas accións que se poñan en marcha.

A Mesa Intersectorial, que quedou constituída esta semana no Centro Etnográfico de Teixeiro, está composta polo alcalde e o técnico de Deportes municipal como representantes do concello, polas doutoras dos centros de saúde de Curtis e Teixeiro, polos directores do CEIP de ambos pobos e polos presidentes das distintas ANPAS, así como polo director do IES de Curtis.

O Goberno local quere manter reunións frecuentes con estes colectivos para potenciar a promoción de hábitos e estilos de vida saudable no municipio e desenvolver unha acción coordinada entre o concello, os centros escolares e os centros de saúde.

Presentación aos veciños o día 14 de novembro

O paso seguinte á creación desta Mesa será a presentación aos veciños das estratexias que se porán en marcha. O acto celebrarase o próximo 14 de novembro, ás 18.00 horas, no salón de actos do Edificio Multiusos de Curtis.

Esta aposta municipal enmárcase nos plans promovidos polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e a Federación Española de Municipios e Provincias. Lembrar, ademais, que o Concello de Curtis se integra na Rede Española de Cidades Saudables da FEMP.

 

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.