Numeracion Curtis logos

Aprobación definitiva do proxecto de expropiación do polígono nº 1 Sector do Urbanizable SUD-3 do PXOM de Curtis

Decreto do Concello de Curtis da aprobación definitiva do proxecto de expropiación do polígono nº 1 Sector do Urbanizable SUD-3 do PXOM de Curtis.

As personas interesadas propietarias de bens de dereitos que figuran en dito proxecto ten un prazo de 20 días durante o cal poderán manifestar por escrito dirixido ao órgano expropiante a súa disconformidade coa valoración fixada no expediente aprobado, conforme dispón o art. 118 da LSG.

En tal caso, dáraselle traslado do expediente e da folla de aprecio impugnada ao Xurado de Expropiación de Galicia, a efectos de fixar o xustiprezo, que en todo caso farase de acordo cos criterios de valoración establecidos na lexislación vixente. Advertir aos interesados que transcorrido o citado prazo sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o xustiprezo definitivamente e de conformidade co art.118.8 da LSG.

A resolución notificarase individualmente ás personas interesadas titulares das fincas obxecto desta expropiación, procedéndose así mesmo coa publicación dun anuncio no BOE, o que servirá de notificación aos propietarios descoñecidos, que non reciban a notificación individual ou no caso de que se traten de varios herdeiros, conforme cos artigos 44 e 45 da Lei 39/2015.

O cómputo do prazo de 20 días comezará desde o día seguinte ao da referida publicación no BOE, ou no seu caso dende o seguinte en que se reciba a notificación individual.

Decreto: pdfAPROBACIÓN DEFINTIVA EXPROPIACIÓN.pdf

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.