Numeracion Curtis logos

Empezaron as obras da Praza de España para renovar o pavimento e mellorar a súa accesibilidade

FotoPavimento O Concello de Curtis acaba de iniciar as obras de reforma da Praza de España, en Teixeiro, coas que pretende renovar o lousado, actualmente en moi mal estado, así como mellorar a iluminación e a accesibilidade a esta zona emblemática.

Para o Goberno local, urxía esta actuación para solucionar o deficiente estado da praza, que é un dos principais puntos de encontro e reunión dos veciños e no que se desenvolven algunhas das principais actividades de Teixeiro, como son as feiras os días 5 e 18 de cada mes, as festas locais e numerosos actos dos distintos colectivos cidadáns. Ademais, o Concello valorou a necesidade de mellorar a imaxe deste espazo no que se encontra á Casa Consistorial.

ForoObrasPrazaEspana A actuación que se está executando consistirá en cambiar a actual pavimentación (en total, 2.390 metros cadrados de superficie), na instalación de novo mobiliario urbano, en acondicionar as especies arbóreas e en adaptar a accesibilidade da praza de acordo coa normativa vixente.

Para acometer esta ineludible reurbanización, o executivo local aproveitou a convocatoria do Plan Hurbe da Consellería de Medio Ambiebre, que busca fomentar a humanización dos municipios favorecendo a cooperación entre administracións. O investimento por parte da Xunta ascende a 200.000 euros e o Concello achegará 42.000 euros.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.