Numeracion Curtis logos

Curtis consegue que cinco das seis liñas de autobús á Coruña teñan acceso directo ao centro urbano

  • Cando a Xunta peche o cronograma, Curtis será, tras Sada e Culleredo, o municipio con maior número de liñas de entrada respecto ao total que cobre o servizo.

transporte1 2016O transporte público que enlaza o municipio de Curtis coa área metropolitana da Coruña contará con cinco liñas, das 6 que están en servizo, de acceso directo ao centro da cidade herculina e que terán como última parada a zona de Entre Xardíns e non a Estación de Autobuses como até o momento. Así llo explicou o Executivo galego ao Concello curtiense na reunión que mantivo esta semana cos municipios integrantes do Plan de Transporte Metropolitano para presentarlles o Plan de Accesibilidade.

O Goberno local valorou de maneira moi positiva esta formulación para Curtis, pola que pelexou desde a súa integración no Transporte Metropolitano o ano pasado. Antonio Fraga, alcalde en funcións, presente na reunión coa Xunta, considerou un bo avance que se aceptasen o 83% das liñas propostas xa que o concello de Curtis é, despois de Sada e Culleredo, o que consegue o maior número de liñas con entrada directa ao centro urbano coruñés en relación ao total de liñas que cobren o servizo en cada municipio.

O Plan de Accesibilidade obtivo o visto e prace dos mandatarios municipais na reunión, a falta de concretarse os detalles e a segunda fase. O Goberno galego confía en pechar co Concello coruñés o cronograma para a implantación da primeira fase para polo en marcha no principio do ano.

 transporte 2016

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.