Numeracion Curtis logos

O Concello incluirá un mapa de recursos comunitarios na súa estratexia para potenciar hábitos de vida saudable

  • O Goberno local abrirá un proceso de participación cidadá para coñecer necesidades, opinións e suxestións que axuden a implementar melloras.

estratexisaude 2016 copyO Concello de Curtis elabora un mapa municipal que recollerá os servizos comunitarios que se activaron para potenciar hábitos e estilos de vida saudable na cidadanía. Este mapa incluirá todos os bens, espazos e servizos dispoñibles no municipio e accesibles á poboación para fomentar a súa saúde e o seu benestar.

Esta acción inclúese na Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no Sistema Nacional de Saúde á que se adheriu Curtis e que o primeiro tenente de alcalde, Antonio Fraga, explicou onte nun foro aberto ao que asistiron máis de medio centenar de veciños. Fraga, que estivo acompañado polo coordinador da estratexia, Pablo Chacón, destacou a importancia das políticas locais que se están a desenvolver de maneira transversal en áreas como deportes, urbanismo, transporte ou medio ambiente para impulsar melloras de saúde da poboación.

No marco desta nova estratexia, o Goberno local constituíu recentemente unha Mesa Sectorial, que integra a concelleiros, técnicos municipais e representantes dos centros médicos e educativos, así como das ANPA's, e que será a encargada de detectar as necesidades en saúde da poboación, adoptar acordos para a súa mellora e desenvolver accións de maneira coordinada. O Concello quere tamén incorporar as opinións e suxestións dos veciños e iniciará para iso un proceso de participación cidadá a través da súa web e das redes sociais.

Aposta desde o 2008

Con este novo paso, o Concello consolida a súa aposta polas políticas de saúde, iniciadas na o ano 2008 co programa Concellos Saudables, da Xunta de Galicia. A partir desa data impulsáronse, ademais, importantes investimentos en diferentes áreas: instalacións e actividades deportivas, acondicionamento de paseos fluviais, etc.

A Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención está promovida polo Ministerio de Sanidade mediante a FEMP, xa que esta última organización é a que ten contacto directo con todos os municipios de España.

pdfPresentacion_Estratexia_de_Saude_en_Curtis.pdf

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.