Numeracion Curtis logos

O XII Premio de Narración Curta Concello de Curtis anima a presentar relatos con ideas que cambien o mundo

  • O Concello creou este galardón no 2004 para promocionar as letras galegas.

cartel XII narracion curtaA área de Cultura do Concello de Curtis convoca a XII edición do seu Premio de Narración Curta, que este ano convida os participantes a centrar os seus relatos naquelas ideas para cambiar o mundo. Curtis elixe en cada edición un tema concreto para este galardón co obxectivo de visualizar temas de actualidade e de interese social, e se o ano pasado puxo de relevo o poder da muller baixo a lema ‘Supermulleres e superheroinas’, nesta ocasión, coa lema de ‘O meu plan para cambiar o mundo’ pretende facerse eco das transformacións sociais e das ideas que poden xurdir nestes escenarios de cambio.

O Concello curtiense creou este galardón en 2004 co fin de potenciar as letras galegas, por iso só admitirá relatos escritos na lingua propia da comunidade. Ademais, deberán ser orixinais e inéditos. Como en edicións anteriores, créanse dúas categorías de premios en función da idade dos participantes, de 12 a 18 anos e de 19 anos en diante.

O prazo para presentar os traballos, que se presentarán en formato word e que terán como máximo unha extensión de 5.000 caracteres, finalizará o 20 de abril de 2017.

A concelleira de Cultura, Eva Lata, confía en que esta edición se melloren incluso as expectativas da anterior, na que se rexistrou unha cifra récord de participación con máis dun centenar de obras a concurso.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.