Numeracion Curtis logos

O Concello informatiza o Servizo de Axuda no Fogar para mellorar a súa xestión e a atención ao usuario

axudafogar 2016O Concello de Curtis implantou unha plataforma informática de xestión integral do Servizo de Axuda no Fogar, denominada CIGESAD, que permitirá mellorar a calidade na atención ao usuario xa que facilita unha optimización dos tempos e o seguimento completo de cada un dos casos.

A nova ferramenta, impulsada pola concellaría de Benestar Social a cargo de Eva Lata, facilita, entre outras accións, a coordinación do servizo ao rexistrar o historial dos usuarios e as incidencias en tempo real, o que axiliza a atención e achega un control total da mesma.

O persoal de Servizos Sociais está a traballar con esta plataforma desde hai uns meses e en breve, a principios de 2017, incorporará un sistema automático de fichaxe das auxiliares que traballan no servizo para optimizar a súa operatividade. A semana pasada explicáronselles estes cambios ao equipo de auxiliares que atende a Axuda o Fogar co fin de avanzar na mellora da planificación da prestación do servizo.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.