Numeracion Curtis logos

Caínzos pecha co Presidente da Deputación a ampliación da estrada de Santaia e o arranxo das travesías urbanas de Antonio Pintor e Paio Rodríguez

cainzosyformoso 2016O alcalde de Curtis, Javier Caínzos, pechou co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o desenvolvemento de dous proxectos de mellora de dúas arterias principais do municipio, as estradas provinciais DP 3201 e DP 3202.

Na reunión mantenida entre ambos dirixentes, acordouse a ampliación de 5 a 7 metros de ancho da estrada provincial DP 3201, que da acceso a varios núcleos rurais, o que permitirá o paso simultáneo de dous camións nun vial cun elevado volume de tráfico pesado debido á cercanía dunha cooperativa con máis de 500 socios.

No proxecto incluirase unha senda peonil dende o primeiro núcleo rural, O Carballal, até a Carregosa, que se dotará de iluminación para garantir a seguridade vial.

Centro urbano de Curtis

A segunda actuación pechada, que licitará a Deputación, consistirá na humanización da DP 3202 o seu paso polo centro urbano de Curtis, nas rúas Antonio Pintor e Antonio Rodríguez. A redacción do proxecto incluirá a mellora da seguridade para os veciños coa construción de beirarrúas ou sendas peonís e a instalación de novas luminarias.

Segundo acordaron González Formoso e Javier Caínzos na reunión, a idea é que, a medio prazo e unha vez amañado o tramo, transferir a titularidade deste vial ao concello, por tratarse dun tramo eminentemente urbano.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.