Numeracion Curtis logos

Curtis, Sobrado e Vilasantar reforzan a súa colaboración contra a violencia de xénero e lanzan un manifesto conxunto

  • Acordaron crear unha subcomisión en cada cada municipio para activar o Protocolo de Actuación en canto se detecte algún caso de violencia machista

consellos violencia xenero 2016 copyOs alcaldes de Curtis, Sobrado e Vilasantar acordaron reforzar a coordinación das políticas contra a violencia de xénero entre os tres municipios a través da creación en cada concello dunha subcomisión de traballo que se porá en marcha en canto se detecte algún caso.

Aínda que cada municipio terá a súa propia capacidade de actuación, o eixo común será a inclusión en cada subcomisión do persoal do CIM (Centro de Información ás Mulleres) que, con sede en Curtis, atende tamén a Sobrado e Vilasantar, así como a activación do Protocolo de Actuación contra a Violencia de Xénero aprobado en Curtis este verán e que recolle os criterios que servirán de guía aos profesionais á hora de garantir unha atención integral ás vítimas e unha maior eficacia das súas actuacións.

Ademais, na reunión mantida en Curtis polos alcaldes, elaborouse un manifesto conxunto con motivo da celebración o 25 de novembro do Día Internacional contra a Violencia de Xénero co fin de visualizar a necesidade de articular mecanismos en favor da igualdade real e no que se reafirma o compromiso dos concellos á hora de implantar políticas integrais contra a violencia machista.

Coordinación Interinstitucional

Este novo paso entre os tres concellos dáse despois da inclusión de Sobrado e Vilasantar este verán na Mesa Local de Coordinación Interinstitucional creada en Curtis e impulsada pola Concellaría de Igualdade e Xuventude con Esther Lago ao frente, para mellorar o sistema de recollida e intercambio de información. Esta Mesa está integrada por representantes municipais da área da Muller e Servizos Sociais, do CIM de Curtis, dos centros de saúde e dos centros educativos, do cuartel da Garda Civil, do Xulgado de Paz, do Colexio de Avogados da Coruña, do Xulgado con competencias en violencia contra a muller do partido xudicial de Betanzos e da unidade contra a violencia sobre a muller da Subdelegación do Goberno.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.