Numeracion Curtis logos

O Centro de Día de Curtis comezou esta semana a prestar atención terapéutica aos seus primeiros usuarios

centro dia 2016O Centro de Día de Curtis comezou esta semana a prestar atención terapéutica aos seus oito primeiros usuarios, veciños de Curtis, Sobrado, Vilasantar e Oza-Cesuras, con previsión de que aumente o número de beneficiarios en breve, a medida que vaia finalizando a tramitación de solicitudes. O centro ten capacidade para 40 prazas.

Este recurso asistencial é o único que dá servizo diúrno ao municipio de Curtis e á súa contorna: Aranga, Coirós, Oza-Cesuras, Frades, Mesía, Boimorto, Vilasantar e Sobrado. O seu fin é prestar atención integral ás persoas maiores con dependencia ou en grave risco de padecela, promovendo a súa autonomía persoal e as súas actividades relacionales na proximidade da súa contorna social habitual.

O centro, que se inclúe na rede do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, abriu as súas portas o pasado mes de setembro para ensinar as dependencias ás persoas interesadas e ir atendendo as peticións de información sobre o seu funcionamento e sobre a solicitude de prazas, así como para activar o proceso de selección de persoal.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.