Numeracion Curtis logos

O Concello dá un novo impulso á Ruta Gastronómica do Queixo de Curtis e a Nabiza con 4 días de exaltación

  • Durante os fins de semana dos días 3-4 e 10-11, unha trintena de locais de hostalaría ofrecerán tapas e menús elaborados con estes dous produtos propios da zona.

rutas gastronomicas

Unha trintena de locais de hostalaría dos pobos de Curtis e Teixeiro sumáronse aos Fins de Semana de Tapas impulsados polo Concello curtiense no marco da xa tradicional Ruta Gastronómica do Queixo e a Nabiza, que este ano se organizará os días 3, 4, 10 e 11 deste mes.

A iniciativa, posta en marcha pola área de Promoción Económica, amplía tres días máis a exaltación culinaria de dous dos produtos típicos e de maior calidade do municipio, o queixo de tetilla da zona, un dos máis recoñecidos de Galicia desde o século XIX, e as nabizas, que o Goberno local promociona desde hai 19 anos no mes de decembro. Este ano quíxose dar un novo impulso coa axuda da hostalaría do municipio, que incluirán nos seus menús durante este fin de semana e o seguinte variadas receitas onde o queixo e as nabizas serán os protagonistas..

Entre os pratos que se poderán degustar destacan, entre outros, os caldos e cocidos de nabiza, as empanadas de queixo e nabiza, pizzas de nabizas ao tres queixos, revoltos e croquetas de nabiza, filloas de nabiza e queixo, lasaña e tequeños con queixo de Curtis, piruletas de queixo e variedade de ensaladas.

O obxectivo do Concello é, ademais de reforzar a imaxe de calidade dos dous produtos, asociados a Curtis pola súa particular elaboración tradicional e pola súa presenza nas receitas dos mellores especialistas culinarios, potenciar o sector da hostalaría, un dos máis dinámicos da comarca.

  • Ruta Gastronómica pola hostelería de Curtis pdf
  • Ruta Gastronómica pola hostelería de Teixeiro pdf

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.