Numeracion Curtis logos

En exposición pública o proxecto da senda peonil na marxe dereita da C-840 na Rolda da Coruña e a Raia

  • mapa c840Terá unha lonxitude de case dous quilómetro e estará separada da calzada por unha zona axardinada. Ademais, mellorarase a intersección co viario do cemiterio.

 

rolda 1O proxecto para a senda peonil na marxe dereita da C-840 na Rolda da Coruña e a Raia ao seu paso por Curtis e a reforma da intersección atópase xa en fase de información pública co que en 2017 farase realidade un dos compromisos electorais do Goberno local para mellorar a seguridade viaria da zona.

A senda peonil terá unha lonxitude de 1.734 metros no tramo comprendido entre o PQ 20+190 (no alto da Espeniña) e o 21+910 (intersección coa estrada autonómica AC-230 en Curtis). O seu ancho será de 1,8 metros mínimo, será de formigón tintado e estará separada da calzada por unha zona axardinada de 0,5 metros máis a cuneta de seguridade onde sexa precisa.

raia 2016Ademais, como obras complementarias, tal e como solicitara o Concello, mellorarase a intersección coa estrada ao cemiterio (PQ 21+240) e executarase dous muros de contención.

Esta actuación, da que se beneficiarán de maneira directa máis de 300 veciños, será executada pola Xunta de Galicia, que onte publicou no DOG o anuncio de exposición pública do proxecto de construción así como á relación de bens, dereitos e propietarios que se verán afectados por este. O plazo de exposición pública será de 30 días hábiles (até o 19 de xaneiro) para que as persoas poidan que o consideren oportuno poidan formular observacións relativas ao deseño do trazado.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.