Numeracion Curtis logos

Fomento finaliza a execución de viais de acceso ás vivendas anexas á N-634 ao seu paso por Curtis

obra N634Fomento finalizou a execución de viais de acceso ás vivendas anexas á estrada N-634 ao seu paso polo municipio de Curtis. O ministerio cumpre así este compromiso co Goberno local, que lle urxiu a realización destas obras para mellorar a seguridade viaria dos veciños da zona.

Concretamente, as actuacións efectuáronse na Illana, en Fisteus, en tres tramos das vías de servizo, así como á altura da aldea de Vilarullo, en Santaia.

O Concello agradece a colaboración dos veciños.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.