Numeracion Curtis logos

Entrega de diplomas do curso de 'Cociña para hostalería' para mellorar a empregabilidade das mulleres

curso cocina cim curtisO alcalde de Curtis, Javier Caínzos, e a concelleira de Igualdade, Xuventude e Voluntariado, Esther Lago, entregaron os diplomas ás dez mulleres que finalizaron o curso de 'Axudante de cociña para hostalería' organizado polo Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Curtis no marco do Programa de Mellora da Empregabilidade ás Mulleres

Nesta acción formativa, as participantes abordaron conceptos básicos de hixiene alimentaria e prevención de riscos laborais, lexislación sobre alérxenos, xestión e sistemas de aprovisionamento na cociña e realización de elaboración básica de pratos de cociña. A parte teórica do curso desenvolveuse no Centro Etnográfico do Mandeo e na Biblioteca Municipal de Teixeiro e a parte práctica, na cociña dun establecemento de restauración.

O fin desta iniciativa, subvencionada pola Deputación da Coruña e realizada do 7 de novembro ao 7 decembro, foi combinar a formación orientada ao posto de traballo con obradoiros nos que se abordaron técnicas de procura de emprego e igualdade.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.