Numeracion Curtis logos

O Concello trasladará as árbores da Praza de España a outras zonas e plantará especies máis adaptables ao terreo

arbol espanaO Concello de Curtis trasladará as árbores existentes na Praza de España, en Teixeiro, a outras zonas axardinadas do municipio e plantará no seu lugar novas especies máis compatibles cos terreos arcillosos que están baixo o lousado deste espazo público.

A retirada das oito árbores (Platanus Hispanis), que comezará mañá, efectúase despois de que os técnicos detectasen, coas obras de pavimentación que se están a desenvolver na praza, que algunhas das raíces creceran xa por encima das xardineiras elevadas mentres que algunhas das enterradas se atopan en mal estado.

A súa replantación na mesma Praza de España, segundo o informe dos técnicos, non ofrecería garantías para as plantas xa que é unha área de terreo arcilloso saturado pola auga. Para unha mellor adaptación, ademais, sería necesario que a retícula das raíces existentes quedasen enterradas por baixo da nova rasante do pavimento, o que implicaría que as copas das árbores quedarían a unha cota inferior a 1,80 metros, altura insuficiente para a súa colocación xa que as ramas do mesmo poderían alcanzar aos usuarios.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.