Numeracion Curtis logos

O campo de fútbol do pobo de Curtis pasará a denominarse Lúcas Vázquez

  • O xoven deportista, que empezou a xogar nas Escolas Deportivas Municipais e no CCD de Curtis, é xa Embaixador do municipio.

lucas vazquezO Campo de Fútbol do pobo de Curtis pasará a denominarse Lucas Vázquez como homenaxe ao xogador de fútbol, veciño do municipio, nomeado este ano Embaixador de Curtis pola Corporación por levar o nome do concello por todo o mundo asociado aos valores do deporte.

A proposta para a nova denominación do campo de fútbol municipal irá ao Pleno ordinario deste mes de decembro para a súa aprobación tras a petición presentada polo Centro Cultural e Deportivo de Curtis (CCDC).

O Goberno local apoia a solicitude "pola importancia indiscutible deste xogador, tanto polos logros acadados no seu deporte como pola súa calidade persoal, que demostra sempre que se achega pola súa terra de nacemento".

Lucas Vázquez, que agora xoga no Real Madrid e que foi convocado pola Selección Española, empezou a súa traxectoria sendo un neno nas Escolas Deportivas Municipais e logo no CCD de Curtis. A súa constancia e o seu bo xogo, exemplo para os nenos e nenas do municipio, leváronlle a cumprir o seu soño de formar parte dun dos clubs máis importantes do mundo.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.