Numeracion Curtis logos

Lucas Vázquez recollerá o título de Embaixador do Concello de Curtis nunha homenaxe pública o día 26

lvazquez2016O mozo curtiense Lucas Vázquez recibirá o título de Embaixador do Concello de Curtis durante un acto que se celebrará o luns, día 26, que pretende ser tamén unha homenaxe a este xogador de fútbol, que comezou a súa traxectoria nas Escolas Deportivas Municipais e que agora forma parte do Real Madrid, un dos grandes equipos internacionais.

O acto, que será presentado por Xoán Galán, locutor da Radio Galega e condutor do programa 'Galicia en Goles', celebrarase ás 12.00 horas no salón de actos do Recinto Feiral de Curtis. Tamén acudirá o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, e convidouse ao resto de Embaixadores do Concello, que presumen de defender os valores curtienses nas súas respectivas áreas. No caso de Lucas Vázquez, o Goberno local destaca especialmente a súa constancia, o seu bo traballo, a súa deportividade, o seu exemplo de superación e a súa calidade humana.

O futbolista aproveitará a súa curta estancia en Curtis para recoller o título, arroupado pola súa familia e amigos, así como por todos os veciños do municipio que desexen asistir.

Ademais do título de embaixador, Lucas Vázquez porá nome ao campo de fútbol do pobo de Curtis, petición solicitada polo  Centro Cultural e Deportivo de Curtis (CCDC) e que foi apoiada pola Corporación no último Pleno municipal.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.