Numeracion Curtis logos

Curtis renova o convenio do Centro Etnográfico de Teixeiro, que manterá en 2017 o mesmo horario

acordoDipu 2016O Concello de Curtis renovou coa Deputación da Coruña o convenio de colaboración do Centro Etnográfico do Río Mandeo, situado en Teixeiro, para o ano 2017 por un importe de 21.600 euros, cantidade que financiará o 100% do custo de xestión.

O alcalde Javier Caínzos asinou o acordo co deputado do BNG, Xesús Manuel Soto, responsable da área de Contratación, Patrimonio e Equipamento, que inclúe nas súas cláusulas que o Concello encargarase, como até agora, da apertura das instalacións no máximo horario establecido pola Deputación, fixado entre 15 e 30 horas semanais, e de que sexa atendido por persoal cualificado. Os horarios, por tanto, manteranse de martes a venres, os días laborables, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas, e os fins de semana, de 10.00 a 13.00 horas.

O Centro, construído con fondos europeos, está dedicado á formación e interpretación dos valores do Río Mandeo e as súas instalacións son unha referencia na ruta da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Desde a súa apertura en abril de 2014 incrementou nun 39% o número de visitantes. No tres primeiros trimestres deste ano xa superou o número de usuarios de todo o 2015.

Do total das visitas recibidas, unha alta porcentaxe son concertadas, na súa maioría con centros escolares e distintas asociacións e colectivos de toda Galicia, labor da que se encarga o Concello curtiense co fin de divulgar o patrimonio natural e histórico do municipio e de toda a comarca a través dun percorrido pola conca do Mandeo.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.